Avisos

Ex., 17-10-2026
Ex., 17-10-2026
Venres, 10 xullo, 2026
Na tempada de alto risco de incendio forestal queda desaconsellado realizar traballos e actividades de carácter silvícola e agrícola nas horas centrais do día cando o IRDI acade os niveis de moi alto ou extremo.
Venres, 10 xullo, 2026
Anuncio sobre a convocatoria do proceso selectivo para a contratación de tres peóns/as para a Concellería de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio do Concello de Ames o abeiro do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia PEL CONCELLOS 2026.
Venres, 10 xullo, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Escola de Verán 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 10 xullo, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 8 xullo, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio de proposta de nomeamento, publicado no BOP, sobre o proceso selectivo de persoal de auxiliar administrativo. Trátase da continuidade do proceso de estabilización tras ser suspendido.
Mércores, 8 xullo, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio de proposta de nomeamento, publicado no BOP, sobre o proceso selectivo de persoal de servizos xerais (servizo de actividades complementarias) a xornada completa. Trátase da continuidade do proceso de estabilización tras ser suspendida.
Venres, 3 xullo, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 3 xullo, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Escola de Verán 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 2 xullo, 2026
O Concello de Ames informa da convocatoria que vén de publicar a Xunta de Galicia, con carácter gratuíto, de cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2026/2027, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Xoves, 2 xullo, 2026
Desde hoxe, 1 de xullo, ata o vindeiro día 15, está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación Setembro lúdico 2026, que este ano se desenvolverá os días 1, 2, 3, 4, 7 e 8 de setembro. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e educación primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).