Avisos

Ex., 27-07-2026
Ex., 27-07-2026
Mércores, 10 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento municipal de Informática, organiza para o mércores 17 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00 horas, unha xornada sobre ciberseguridade, que imparte o persoal de AMTEGA. Trátase dun obradoiro gratuíto que se vai impartir de forma presencial na Casa da Cultura do Milladoiro.
Martes, 9 xuño, 2026
O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza no mes de xuño, do venres 19 ao sábado 20, unha xornada de convivencia no Camping O Corgo (Muíños). Esta experiencia estará chea de aventura, xogos, convivencia e momentos para crear grupo fóra do habitual. Haberá autobús dende Bertamiráns e Milladoiro en horario de tarde (as horas exactas serán confirmadas proximamente). Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484.
Martes, 9 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que está aberto o prazo de matrícula nas escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2026-2027. O prazo de matrícula abrangue do 1 ao 15 de xuño.
Venres, 5 xuño, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 5 xuño, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 5 xuño, 2026
As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as próximas semanas realizarán no concello de Ames o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que lle permitirá á veciñanza amesá gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. As parroquias afectadas son as seguintes: Agrón, A Ameixenda, Piñeiro, Tapia, Lens e Trasmonte.
Mércores, 3 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a acta 1 do tribunal do proceso de técnico de secretaria cos resultados da baremación dos méritos correspondentes á fase de concurso. Trátase do proceso selectivo dunha praza por concurso-oposición do artigo 2 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización).
Mércores, 3 xuño, 2026
O Concello de Ames informa que o pasado luns, 1 de xuño, incorporouse na liña de autobús de interese municipal do Concello de Ames (XG807091 Ames: Alcalde Lorenzo – Santiago E.I.) unha nova parada situada no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de mellorar a mobilidade do estudantado universitario.
Mércores, 3 xuño, 2026
Desde o martes, 26 de maio, e ata o luns 8 de xuño, está aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2026-2027. A inscrición pode realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais ou por calquera dos outros medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Para entregar a documentación de xeito presencial nos rexistros municipais non é preciso solicitar cita previa. Está previsto que as clases comecen o 14 de setembro.
Martes, 2 xuño, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 6 de xuño, organízase un obradoiro para aprender a elaborar pasta de dentes, que impartirá Benxamín, do posto O Sapo Verde. Esta actividade impartirase en horario de 12.00 a 13.00 horas. Ofértanse 15 prazas.