Mércores, 15 xullo, 2026
- Tematica
O Concello de Ames informa de que queda suspendida a segunda xornada do programa dos Seráns de Ames 2026, na que estaba prevista a actuación de Glasgow 15 e Del otro lado, dúas bandas que ensaian no local municipal A Factoría. Dita xornada dos Seráns de Ames íase realizar mañá, xoves 16 de xullo, ás 21.00 horas, no campo da festa de Biduído. Nas próximas semanas informarase sobre se estas actuacións se realizan noutra data.
A suspensión está motivada polo aviso emitido pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por tormentas e choivas que afectará ao interior da provincia da Coruña.




