Avisos

Ex., 11-09-2026
Ex., 11-09-2026
Martes, 17 marzo, 2026
O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, informa sobre a Resolución do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026.
Venres, 13 marzo, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 13 marzo, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 11 marzo, 2026
O Concello de Ames informa de que o novo horario da unidade móbil de expedición do DNI e pasaporte prevista para este mércores, 18 de marzo, no Milladoiro, pasará a ser de 16.00 a 19.30 horas. Pódese solicitar cita para a visita de dita unidade durante os meses de marzo, abril, maio e xuño.
Martes, 10 marzo, 2026
O equipo de La Voz e La Voz Kids púxose en contacto co Concello de Ames para informar de que está a levar a cabo o proceso de selección de novos/as candidatos/as para participar na vindeira edición do talent show que se emite en Antena 3. En edicións anteriores deste programa xa participaron dúas veciñas de Ames: Carmen e Adriana.
Martes, 10 marzo, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 14 de marzo, ás 13.00 horas, organízase un sorteo de destas de alimentos.
Venres, 6 marzo, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que está aberto o prazo para inscribirse na ruta da Ría da Estrela, que se vai a realizar o sábado 14 de marzo. Nesta andaina vaise a percorrer o primeiro tramo de dita ruta entre Muros e Esteiro. Para esta actividade ofértanse 50 prazas.
Venres, 6 marzo, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 6 marzo, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 6 marzo, 2026
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas no programa de conciliación Primavera Lúdica 2026, para o CEP de Ventín, EEI do Milladoiro e o CEIP A Maía. O período de emenda e baixas está aberto ata o 20 de marzo.