Pestanas principais

Resultado do sorteo de prazas para participar no programa municipal de campamentos xuvenís de verán 2026

Xoves, 21 maio, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xuventude, informa sobre o resultado do sorteo de prazas para participar en tres campamentos xuvenís de verán 2026, que están dirixidos a mozos e mozas de educación secundaria e bacharelato. Unha vez adxudicada a praza a oficina de Recadación enviará ao correo electrónico facilitado, a folla de autoliquidación na que figura o importe e prazo do pagamento. No momento en que se realice dito pagamento a matricula quedará formalizada. Non é necesario achegar xustificante de pago (comprobarase de oficio).

O pagamento pode fraccionarse en dous prazos (50% do custe cada un) segundo o sinalado no impreso de solicitude de praza.
-Primeiro pagamento: do 25 ao 31 de maio.
-Segundo pagamento: do 8 ao 14 de xuño.

Excepcionalmente poderá solicitarse o impreso de pagamento de xeito presencial en:
-Oficina de Recadación do Milladoiro (rúa Viorneira, número 6).
-Oficina de Recadación de Bertamiráns (praza Horta de Abaixo, número 6). Tamén en horario de tarde os luns e mércores (de 16:15 a 18:30 horas).
-A través do correo electrónico ames@canaltributos.com.

No caso de dispor de Certificado Dixital ou DNI electrónico poderase descargar ou pagar a autoliquidación premendo nesta ligazón, ou ben a través da banca electrónica de ABANCA.