Pestanas principais

Aberto o prazo de inscrición extraordinario na Escola de Música de Ames (EMMA)

Xoves, 7 setembro, 2023
Tras abrir un período de renovación de matrícula e de novas altas, a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), fai públicas as prazas que aínda quedan libres de cara ao vindeiro curso 2023-2024. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro luns, 11 de setembro. As prazas serán adxudicadas por orde de entrada en rexistro. O alumnado que obteña a praza será contactado e poderá formalizar a súa matrícula ata o 14 de setembro.

Prazas dispoñibles
Nesta última quenda de inscrición, quedan libres as seguintes prazas:

• MÚSICA E MOVEMENTO (nacidos no ano 2018):
Luns e mércores (en horario de 17:30 a 18:30): 7 prazas.

• MÚSICA E MOVEMENTO (nacidos no ano 2019):
Luns e mércores (en horario de 18:30 a 19:30): 4 prazas.

• SAXOFÓN: 1 praza.

 FRAUTA TRAVESEIRA: 6 prazas.

• LINGUAXE MUSICAL/MÚSICA PARA ADULTOS: estas especialidades están dirixidas principalmente a persoas que cursen unha materia instrumental ou vocal. Os horarios serán decididos pola docente tendo en conta a idade e os coñecementos dos/as alumnos/as.

Solicitude e adxudicación de prazas

As persoas interesadas en inscribirse nalgunha das clases dispoñibles deben cubrir esta solicitude e entregala a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén se pode facer nos rexistros municipais ou a través de calquera outro medio dos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Ao tratarse dun prazo extraordinario, as prazas adxudicaranse por orde de entrada das solicitudes. Dende a escola poñeranse en contacto coas persoas que obtiveron praza para que, nun espazo breve de tempo, confirmen o horario da especialidade instrumental, dentro dos que haxa dispoñibles.

Os alumnos/as que obteñan prazas deberán confirmala pagando o importe da matrícula. A data límite será o 14 de setembro. Para facelo, recibirán a través do seu correo electrónico unha folla de auto-liquidación, que tamén se pode recoller na oficina de recadación do Concello de Ames ou na propia oficina da Escola de Música na Casa da Cultura do Milladoiro. Unha vez pagada a matrícula, débese enviar o xustificante de pagamento ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.

Multimedia