Pestanas principais

Publícase no DOG a convocatoria das datas das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4

Martes, 5 setembro, 2023
Este luns, 4 de agosto, publicouse no DOG a convocatoria das datas para a realización das probas destinadas á obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4. Os exames terán lugar na segunda quincena de novembro ou na primeira de decembro de 2023, e realizaranse tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada. O prazo de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir de hoxe, día 5.