- Tematica
O servizo de campamentos de verán 2025 está dirixido á rapazada que estea cursando os niveis de primaria, secundaria ou bacharelato. Trátase dunha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar aos nenos/as e mozos/as das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia, e fomentar a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito saudable ao tempo que os achega ao medio natural, ao deporte e á cultura.
Prazas dispoñibles
Os campamentos nos que quedaron prazas vacantes son os seguintes:
-Granxa escola Bergando: 1º de Primaria, do 1 ao 3 de xullo; 20 prazas dispoñibles.
-Corazón de Carballo: 2º de Primaria, do 21 ao 23 de xullo; 2 prazas dispoñibles.
-Mar de Oleiros: 6º de Primaria, do 13 ao 18 de xullo; 12 prazas dispoñibles.
Prazo extraordinario de solicitude
A solicitude de praza farase presentando o impreso de solicitude a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou nos rexistros de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). As prazas serán outorgadas por orde de entrada da solicitude no rexistro do Concello de Ames.
Para máis información pódese contactar coa Aula da Natureza, chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou ben coa Concellaría de Xuventude, chamando ao teléfono 616 083 229 ou escribindo a xuventude@concellodeames.gal. O horario de atención de ambos departamentos será de 9:00 a 14:00 horas.