Avisos

Ex., 12-08-2026
Ex., 12-08-2026
Martes, 11 agosto, 2026
O Concello de Ames informa á veciñanza de que a Xunta de Galicia activou a situación de prealerta por escaseza moderada de auga no sistema do río Tambre e a ría de Muros, no que se atopa o municipio de Ames Esta decisión adóptase ante a evolución dos recursos hídricos, marcada pola falta de precipitacións, as elevadas temperaturas e o descenso continuado dos caudais, polo que se reforza o seguimento da situación e se fai necesario extremar as medidas de aforro e uso responsable da auga.
Martes, 11 agosto, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción Económica, informa de que o sábado, 15 de agosto, tanto o mercado de rúa como o de horta e artesanía permanecerán pechados por mor do festivo nacional. Deste xeito, non haberá mercado nin na rúa do Ameneiral nin na Praza da Maía.
Martes, 11 agosto, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Escola de Verán 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 31 xullo, 2026
O Concello de Ames informa de que, mediante decreto da Alcaldía, autorizouse a ampliación excepcional dos horarios xerais de peche dos establecementos hostaleiros con motivo da celebración das festas da Madalena, no Milladoiro, e da Peregrina, en Bertamiráns. A medida estará vixente entre o 31 de xullo e o 9 de agosto de 2026. A ampliación será de ata dúas horas nas xornadas de maior afluencia e dunha hora no resto das noites festivas.
Venres, 31 xullo, 2026
O Concello de Ames informa de que, con motivo da celebración do festival Millarock, a parada de autobús situada xunto ao Centro de Saúde/Casa da Cultura do Milladoiro quedará temporalmente fóra de servizo durante o desenvolvemento do evento. O traslado estará vixente durante a celebración do festival, o venres 31 de xullo.
Venres, 31 xullo, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Escola de Verán 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 31 xullo, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 29 xullo, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza para o venres, 7 de agosto, unha nova edición da Gladiator Race Kids, logo do éxito de participación das carreiras anteriores. Esta actividade desenvolverase en no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, a partir das 18.30 horas. Esta actividade está pensada para nenos e nenas de 3 a 12 anos e os menores poderán ir acompañados dun adulto.
Venres, 24 xullo, 2026