Avisos
Venres, 31 xullo, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Escola de Verán 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 31 xullo, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 29 xullo, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza para o venres, 7 de agosto, unha nova edición da Gladiator Race Kids, logo do éxito de participación das carreiras anteriores. Esta actividade desenvolverase en no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, a partir das 18.30 horas. Esta actividade está pensada para nenos e nenas de 3 a 12 anos e os menores poderán ir acompañados dun adulto.
Venres, 24 xullo, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Escola de Verán 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 24 xullo, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 17 xullo, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de solicitudes de matrículas presentadas nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2026-2027. O prazo de emendas e reclamación está aberto ata o 31 de xullo de 2026. Para dispor de máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 89 14 76.
Venres, 17 xullo, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Escola de Verán 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 17 xullo, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 16 xullo, 2026
Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que as persoas traballadoras desempregadas participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Mércores, 15 xullo, 2026
O Concello de Ames informa de que queda suspendida a segunda xornada do programa dos Seráns de Ames 2026, na que estaba prevista a actuación de Glasgow 15 e Del otro lado, dúas bandas que ensaian no local municipal A Factoría. Dita xornada dos Seráns de Ames íase realizar mañá, xoves 16 de xullo, ás 21.00 horas, no campo da festa de Biduído. Nas próximas semanas informarase sobre se estas actuacións se realizan noutra data.
- ‹ anterior
- 2 de 175
- seguinte ›




