Pestanas principais

Convócase un minuto de silencio para hoxe mércores, 28 de outubro, polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

Mércores, 28 outubro, 2026
O Concello de Ames súmase á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para convocar un minuto de silencio hoxe mércores, ás 20.00 horas, diante da Casa do Concello en Bertamiráns en memoria das vítimas do accidente ferroviario ocorrido hoxe na provincia de Toledo.

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e maila Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) convocaron un minuto de silencio para hoxe, ás 20.00 horas, na porta de todos os concellos en memoria das vítimas do accidente ferroviario ocorrido hoxe na provincia de Toledo. O accidente ferroviario produciuse entre un tren de Renfe e outro de Iryo.

Multimedia