Actualidade

Ex., 11-06-2025
Ex., 11-06-2025
Luns, 26 de xullo de 2021
O baile enche as prazas do Concello de Ames

O Departamento de Promoción da Saúde segue a fomentar hábitos de vida saúdables a través do programa “Saúde nas prazas”. Dun xeito lúdico e divertido o programa anima á veciñanza amesá a coidar a saúde física e emocional. As actividades desenvólvense ás 20.30 horas nas prazas do Milladoiro e Bertamiráns ao longo dos meses de xullo e agosto. Preme nesta ligazón para consultar os horarios e lugares nos que se realizará cada actividade.

Sábado, 24 de xullo de 2021
Concerto das Broken Peach nos "Seráns de Tapia"

Os “Seráns de Tapia” volveron completar aforo. O programa dirixiuse este xoves 22 de xullo aos mozos e mozas do Concello de Ames cun concerto programado pola concellaría de Mocidade. As Broken Peach conseguiron coa súa música e a súa estética situar ao público en diferentes épocas e ambientes.

Venres, 23 de xullo de 2021
Novas medidas COVID-19

O Goberno de Ames lembra á cidadanía que o concello se atopa en nivel de restricións medio e as normas de cumprimento obrigatorio que hai que seguir mantendo para loitar contra a COVID-19. A normativa actual obriga a que os grupos sexan de ata 6 persoas en espazos pechados e ata 10 persoas ao aire libre. Os establecementos, tanto bares como restaurantes poderán prestar servizo co 50% da capacidade máxima permitida. As barras continúan pechadas, nas terrazas permítense grupos de 10 persoas e nos interiores dos locais de 6. Cómpre salientar que o uso da máscara segue a ser obrigatorio excepto en exteriores e sempre que se poida gardar a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. Poden consultar aquí todas as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia que afectan ao Concello de Ames na actualidade.

Venres, 23 de xullo de 2021
Cartel [con]sentido

A concellaría de Mocidade vai iniciar o luns día 26 de xullo o programa [con]sentido cunha ampla programación que abrangue un concurso de fotografía, obradoiros de sexualidade, xornadas de Educación Sexual e un videoforum. Con este programa darase resposta á demanda da mocidade amesá nos Orzamentos participativos do ano 2020.

Venres, 23 de xullo de 2021
Cartel Propulsa Danza

O novo programa Propulsa Danza Paisaxe Patrimonio, da Xunta, levará a danza de 4 compañías ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o 24 de xullo. Dende as 19.00 horas, a veciñanza poderá desfrutar do primeiro espectáculo será E-migrantas, de Kirenia Danza, seguido polo espectáculo Miñaxoia, de Clara Ferrao. Tamén se interpretará a actuación Nexos, de Cía Exire e, por último, o espectáculo Canela, de Laboratori Escénico Coop.

Xoves, 22 de xullo de 2021
O alcalde de Ames reúnese coa conselleira de Medio Ambiente e Territorio

O alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Lens e o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, reuníronse onte pola tarde coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a Directora xeral de Patrimonio Natural, Belén María do Campo. Nesta xuntanza analizaron, entre outros temas, o futuro urbanístico do concello amesá. O novo modelo de PXOM pasa pola elaboración dun novo Plan Xeral ou por realizar modificacións puntuais no documento que está en vigor desde o ano 2002.

Xoves, 22 de xullo de 2021
Día de Galicia

O Concello de Ames quere neste ano 2021 recoñecer a traxectoria do catedrático e cofundador do Instituto da Lingua Galega, Ramón Lorenzo, cunha recepción oficial. Será no transcurso do acto de celebración do Día de Galicia en Ames que terá lugar o luns 26 de xullo a partir das 20:30 no Pazo da Peregrina. Ao acto asistirá a corporación municipal e falarán os voceiros dos grupos políticos con representación municipal. A música correrá a cargo do Grupo Barahúnda.

Xoves, 22 de xullo de 2021
Cartel de DiversidArte

O programa DiversidArte dedicado á inclusión e á diversidade fai parada este venres 23 de xullo na Praza de Chavián, en Bertamiráns. O espectáculo, que intenta visibilizar as capacidades das persoas en risco de exclusión social, dará comezo ás 19:30 coa actuación do guitarrista inclusivo Robert Pier e continuará cun espectáculo de danza integrada. A entrada é de balde.

Xoves, 22 de xullo de 2021
Grupo Ellas Son

O programa “AmesON” continúa este venres 23 de xullo co concerto de Ellas Son. O grupo formado por Begoña García e Cristina Cachaldora será o encargado de poñerlle música e ritmos latinos á noite amesá. O concerto celebrarase na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas.

Mércores, 21 de xullo de 2021
Broken Peach nos Seráns de Tapia

A cuarta sesión do programa cultural “Seráns de Tapia” realizarase o xoves 22 de xullo. A actuación musical de Broken Peach, a banda de Rock & Soul, comezará ás 20.00 horas.  Todas as actividades son de balde e non é preciso convite ou inscrición previa.