Actualidade

Ex., 31-08-2026
Ex., 31-08-2026
Xoves, 30 de marzo de 2023
O Concello de Ames subscribe o Acordo de Melgaço de apoio á Vía Mariana Luso Galaica

O alcalde de Ames, Blas García, e mailo concelleiro de Turismo, Manuel Lens, participaron esta mañá na xuntanza de Concellos da Vía Mariana Luso Galaica na se aprobou o Acordo de Melgaço. A Vía Mariana Luso Galaica, que une os antigos santuarios de devoción mariana entre Braga e Muxía, constitúe un itinerario cultural e natural de primeira orde europea, que se recoñece como un legado da historia que recolle o inmenso patrimonio cultural etnográfico e natural do territorio histórico da antiga Gallaecia.

Mércores, 08 de marzo de 2023
Imaxe da presentación do libro

Dentro da programación de actividades organizadas en Ames con motivo do Día de Rosalía, que se conmemorou o pasado 23 de febreiro, o departamento de Turismo de Ames organizou a presentación do libro “Mordouelias. Rosalía e as Terras da Maía”, que tivo lugar o pasado xoves, 2 de marzo. A obra, editada polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía de Castro, foi escrita pola filóloga e experta rosaliana María López Sández, que ingresará como membro de número na Real Academia Galega este sábado, 11 de marzo. Ademais da autora, no evento estiveron presentes o presidente de dita fundación, Anxo Angueira; o alcalde de Ames, Blas García; e o concelleiro de Turismo, Manuel Lens.

Martes, 28 de febreiro de 2023
Cartaz da presentación do libro Mordouelias

Dentro da programación de actividades organizadas en Ames con motivo do Día de Rosalía, que se conmemorou o pasado 23 de febreiro, o departamento de Turismo organiza a presentación do libro “Mordouelias. Rosalía e As Terras da Maía”, editado polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía. O evento terá lugar este xoves, día 2, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:00 horas. Nel participarán a filóloga María López Sández, experta rosaliana e escritora da obra, e Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro. Antes do acto, ás 18:30 horas, plantarase unha filla da figueira da Casa – Museo Rosalía de Castro, doada por esta institución ao Concello de Ames.

Mércores, 08 de febreiro de 2023
Imaxe da presentación da nova escultura que marca o inicio da última etapa do Camiño da Ría Muros Noia

A localidade de Bertamiráns é o punto de partida do último tramo do Camiño de Santiago da Ría Muros Noia. Este camiño, que conxuga mar e montaña, ofrece a posibilidade de realizar unha peregrinación marítima, para o que hai que realizar 90 millas náuticas e 12 quilómetros a pé. Para marcar o inicio da última etapa a pé de dito Camiño, o Concello de Ames vén de colocar unha escultura no parque do Ameneiral. A escultura foi deseñada e executada polo alumnado de segundo curso do Ciclo superior de Técnicas da Escultura da EASD Mestre Mateo. Dita escultura representa o mar.

Mércores, 01 de febreiro de 2023
Cartaz da iniciativa Café con verso

Con motivo da celebración do Día de Rosalía  o Concello de Ames volve a sumarse á iniciativa Café con verso para rendirlle homenaxe á escritora. Deste xeito, entre os días 22 e 26 de febreiro (ámbolos dous incluídos), repartiranse nos locais de hostalaría unhas tarxetas con versos rosalianos para difundir a súa obra, pensamento e figura. Por outra banda, tamén se propón, nesas mesmas datas, servir o caldo que a autora describe no poema Miña casiña, meu lar co galo da iniciativa Caldo de Gloria da Fundación Rosalía de Castro. Así, os establecementos que participen recibirán tamén manteis de papel nos que se plasme ese mesmo poema. Todas as cafeterías, bares e restaurantes de Ames que queiran unirse a calquera das dúas iniciativas poden facelo enviando este formulario ao enderezo electrónico turismo@concellodeames.gal.

Mércores, 28 de decembro de 2022
Ao acto de presentación dos 17 proxectos asistiron o concelleiro de Turismo, Manuel Lens, e a técnica do departamento, Sonia Moure

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, presentou o pasado venres, 23 de decembro, o Plan de Sostibilidade Turística en Destino “Terras de Santiago”, na sede do GDR Terras de Compostela. Trátase dun proxecto de turismo enogastronómico no que participará Ames, en conxunto con outros nove concellos da comarca que integran a asociación. A iniciativa recibirá 1,3 millóns de euros do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. Ao acto de presentación asistiron en representación do Concello o alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro de Turismo, Manuel Lens, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz.

Martes, 27 de decembro de 2022
O concerto terá lugar este venres, 30 de decembro, ás 17:00 horas

O adro da igrexa de San Xoán de Ortoño acollerá este venres, 30 de decembro, ás 17:00 horas, un concerto de campás ofrecido pola Asociación Cultural Campaneiros de Galicia, “As campás, o son do Camiño”, con motivo da inauguración das novas campás da igrexa parroquial. Así mesmo, o investigador Estanislao Fernández de la Cigoña ofrecerá unha charla sobre a historia das campás, mentres que José Enrique López Ocampo, fundidor de campás, explicará o seu proceso de fabricación. 

Mércores, 21 de decembro de 2022
Imaxe da inauguración da exposición sobre o Camiño de Fisterra e Muxía

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ata o 26 de decembro unha exposición itinerante do Camiño de Fisterra e Muxía. A mostra pódese visitar en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas. Cómpre destacar que o sábado 24 e mailo domingo 25 de decembro a Casa da Cultura de Bertamiráns estará pechada. Tras estar en Ames a mostra continuará a súa itinerancia polos concellos de Cee, Corcubión, Dumbría e Fisterra. O director da mostra, que está organizada por Expogal, é Pepe Barro, deseñador e autor do proxecto Até o Fin. O deseño correu a cargo do arquitecto, Mario Crecente, e as imaxes son do fotógrafo Álvaro Arribi. As persoas que visiten a exposición poderán facer achegas sobre o Camiño na web www.ateofin.gal ou a través do correo electrónico asociacion@ateofin.gal.

Luns, 08 de agosto de 2022
O Pazo da Peregrina foi o escenario dun episodio de “El Camino de Santiago by Julius”

A veciña de Bertamiráns, Isolina Martínez, será unha das protagonistas do penúltimo episodio de “El Camino de Santiago by Julius”. O chef Julius fixo unha parada no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, para da man da nosa veciña Isolina coñecer como se elabora un dos pratos máis típicos do Entroido galego: as orellas. Nesta segunda temporada o chef Julius percorre ao longo de 22 episodios o Camiño do Norte amosando os lugares máis emblemáticos desta ruta mentres descobre saborosas receitas. O episodio da etapa Ames-Negreira emitirase no mes de outubro en Canal Cocina.

Martes, 02 de agosto de 2022
O Concello de Ames vai acoller máis de 1200 mozos e mozas da Peregrinación Europea da Xuventude

Os pavillóns do IES do Milladoiro e do IES de Ames, así como, o pavillón municipal do Milladoiro van acoller dende hoxe e ata o domingo a 1200 mozos e mozas chegadas de Madrid, Badaxoz e Alacante. Os/as peregrinos/as forman parte da Peregrinación Europea de Xuventude que vai reunir a 12 mil mozas e mozos en Santiago de Compostela entre este mércores día 3 de agosto e o domingo 7 de agosto. Ademais, ao longo desta semana máis de 5000 mozos e mozas van percorrer o noso concello no seu peregrinar a Santiago de Compostela.