Actualidade

A Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía celebrou o pasado venres, 22 de setembro, a súa primeira xuntanza tras os cambios acontecidos nos seus membros con motivo das eleccións municipais de maio de 2023. Por parte do Concello de Ames asistiron o alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, e maila técnica do departamento de Turismo, Sonia Moure. Os/as asistentes, por unanimidade, acordaron solicitar á presidencia da Xunta de Galicia unha reunión para tratar a oficialización do Camiño dende Santiago a Fisterra e Muxía.

O Concello de Ames inaugurou o día 15 de xullo un punto de información turística que atendeu un total de 255 persoas ata o pasado 15 de setembro, data na que deixou de estar operativo. O mes de xullo foi sen lugar a dúbida o mes máis forte en canto a traballo nesta oficina, no que se atenderon a máis de 140 persoas e se promediaron case 10 usuarios ao día.

O Concello de Ames, xunto con outras institucións, colabora na organización da programación do centenario do Seminario de Estudos Galegos. Deste xeito, o vindeiro xoves 12 de outubro farase unha andaina conmemorativa entre Compostela e Ortoño, emulando a andaina fundacional que realizaron algúns dos membros do Seminario de Estudos Galegos hai 100 anos. As persoas que estean interesadas en participan en dita andaina xa poden inscribirse premendo nesta ligazón. A saída será ás 9.00 horas dende de a Alameda de Santiago. A chegada a Ortoño está prevista para as 12.30 horas aproximadamente. Ás 13.00 horas haberá un acto institucional coa lectura dun manifesto conxunto de todas as institucións participantes e unha ofrenda floral. Posteriormente, farase unha romaría na Carballeira de Ortoño con música e xantar.

A artesá Ana Rosa Lista vén de participar na Mostra Internacional de Renda de Bilros de Peniche, en Portugal, que se celebrou do 14 ao 16 de xullo. Foron tres días dedicados a esta arte centenaria, símbolo maior da artesanía e da identidade de Peniche. A palilleira representou a Ames cun “stand” no que mostrou unha escolma do seu traballo, xunto a outras artesás de ata 21 países. O encaixe galego estivo representado por Ames, pero tamén por artesás de Camariñas, Muxía e Mos.

Esta mañá presentouse no Milladoiro o novo punto de atención ao peregrino e de información turística. Dito punto está situado na esquina da rúa dos Agriños coa rúa do Muíño Vello, ao carón da área de autocaravanas e nunha zona próxima ao albergue do Milladoiro. Tamén se atopa na contorna da Travesía do Porto por onde discorre o trazado do Camiño Portugués. Esta iniciativa xorde da colaboración do Concello de Ames coa Asociación de Amigos do Camiño Portugués en Ames e Teo. Ten o obxectivo de acoller e prestar atención e información/difusión ás/aos peregrinas/os e persoas usuarias do albergue e da área de autocaravanas sobre os servizos e recursos culturais, patrimoniais e turísticos de Ames.

A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organizou a terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. A esta edición presentáronse un total de 52 fotografías, repartidas entre as tres categorías existentes (paisaxe, macro e artística). O xurado, que estivo composto por catro persoas (dúas achegadas polo Concello e outras dúas por XEA), encargouse de elixir as nove mellores fotografías. Ademais, en cada categoría outorgáronse tres accésits. Os/as premiados/as serán notificados/as mediante chamada telefónica.

A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organiza a terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes remata o 11 de xuño de 2023. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com.

“Altamira Brilla”, a festa histórica do Val da Maía, organizada polos Concellos de Ames e Brión, xunto coa Deputación da Coruña, para conmemorar a histórica Batalla de Altamira, chega a vindeira semana á súa terceira edición. As actividades desenvolveranse durante a xornada do 10 de xuño. O programa está conformado por unha ruta teatralizada polos escenarios da batalla, polos espectáculos de Títeres Alacrán e do grupo teatral Os Quinquilláns; e pola actuación musical de Fillas de Cassandra. Para participar na andaina é preciso escribir ao enderezo electrónico rutabatallaaltamira@gmail.com. Para as recreacións teatrais e o concerto a entrada é de balde, previa reserva a través desta ligazón.

A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organiza a terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes vai do 25 de maio ao 11 de xuño de 2023. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com.

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón programan para o vindeiro sábado, 29 de abril, unha saída pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra na década dos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, no ano 2017, e presentado na feira de turismo Fitur en colaboración con esta entidade, convertido nun proxecto turístico intermunicipal denominado “As Pegadas de Rosalía”, en xaneiro do ano 2018. As inscricións son gratuítas e deberán realizarse a través desta ligazón dende hoxe ata o día 25 de abril. As prazas serán adxudicadas por orde de rexistro e deberase seleccionar o punto de saída e regreso do autocar.
- ‹ anterior
- 5 de 12
- seguinte ›




