Pestanas principais

Ponse en marcha a terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames, organizado por XEA e o Concello de Ames

Xoves, 25 de maio de 2023

A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, organiza a terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo deste certame é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes vai do 25 de maio ao 11 de xuño de 2023. As fotografías teñen que ser enviadas xunto coa ficha de inscrición por correo electrónico ao enderezo enfocames@gmail.com

O certame ponse en marcha por terceiro ano consecutivo da man de XEA, coa colaboración do Concello de Ames, a través dos departamentos de Medio ambiente e Turismo. Poden participar neste certame todas as persoas residentes en España, maiores de 18 anos, con independencia do seu lugar de orixe. As fotografías teñen que ser orixinais e inéditas, presentando só unha fotografía por categoría. A inscrición no concurso é gratuíta.

As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por categoría. Existen tres categorías diferentes: paisaxe, macro e artística. Na categoría paisaxe a fotografía debe mostrar os espazos do mundo que adoitan captar a presenza da natureza, pero tamén poden centrarse en características creadas polo home ou perturbacións das paisaxes. Na categoría macro a fotografía debe permitir amplificar as cousas que son pequenas a simple vista. Por último, na categoría artística permítese a posibilidade de editar e manipular a captura orixinal. Esta categoría está relacionada cun aspecto máis subxectivo e incluso surrealista.

Presentación das obras
As obras deberán ser enviadas xunto co impreso de inscrición ao correo electrónico enfocames@gmail.com. A Xuntanza de Empresarios de Ames resérvase o dereito a elaborar unha exposición fotográfica coas composicións que participen. Ademais, as persoas participantes darán o seu consentimento para que as composicións enviadas sexan expostas no Instagram Xuntanza Empresarios Ames e no Facebook Xuntanza de Empresarios de Ames co hashtag #enfocames. O prazo de entrega das imaxes vai do 25 de maio ao 11 de xuño de 2023.

Premios
As bases recollen a concesión de tres premios en cada unha das tres categorías. O primeiro de 100 euros, o segundo de 50 euros e o terceiro de 25 euros. Os nove premios son cheques para gastar nos comercios asociados á XEA. O resultado do concurso será publicado o día 20 de xuño nas páxinas web de XEA e do Concello de Ames. As persoas agraciadas serán notificadas mediante chamada telefónica.

Este ano o xurado estará composto por 4 persoas. Dos 4 membros do xurado, dous serán aportados por XEA e outros dous polo Concello de Ames.

Novas relacionadas:

Lindeiros: "Terceira edición do concurso Enfoca Ames"

Portada do Enfoca Ames 2023

Multimedia

  • Portada do Enfoca Ames 2023