Actualidade

Ex., 05-09-2026
Ex., 05-09-2026
Xoves, 01 de agosto de 2024
O Pleno aproba o novo estudo de viabilidade para a construción do complexo deportivo do Milladoiro

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a fixación dos festivos locais para o ano 2025; a concesión da medalla do Concello de Ames 2024 á Borja Golán Santín; a solicitude de participación na segunda fase do POS+ Adicional 2/2024; e a aprobación da modificación da base número 50 do orzamento municipal de 2024 relativa a subvencións nominativas. Tamén se aprobou a cuarta prórroga da concesión administrativa da xestión e mantemento do Centro deportivo municipal A Telleira; e a concesión de obra para a construción da instalación deportiva municipal de O Milladoiro e explotación do conxunto deportivo que conformará a obra xunto a instalación municipal A Telleira de Bertamiráns. Ademais, aprobouse unha moción de urxencia sobre a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación dos servizos complementarios educativos e de conciliación. Por último, foron debatidas tres mocións. Dúas foron presentadas polo grupo municipal do BNG: unha para crear o Consello de participación e transparencia; e outra sobre a xestión real e efectiva das colonias felinas no rural de Ames. Estas dúas mocións foron rexeitadas. A terceira moción do grupo municipal popular, que foi aprobada, tratou sobre as medidas a adoptar polo Concello de Ames e a Xunta de Galicia na loita contra o munifundismo no municipio amesán. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Luns, 29 de xullo de 2024
Imaxe de arquivo do salón de plenos

Este mércores 31 de xullo o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a fixación dos festivos locais para o ano 2025; a concesión da medalla do Concello de Ames 2024 á Borja Golán Santín; a solicitude de participación na segunda fase do POS+ Adicional 2/2024; a aprobación da modificación da base número 50 do orzamento municipal de 2024 relativa a subvencións nominativas; a cuarta prórroga da concesión administrativa da xestión e mantemento do Centro deportivo municipal A Telleira; e a concesión de obra para a construción da instalación deportiva municipal de O Milladoiro e explotación do conxunto deportivo que conformará a obra xunto a instalación municipal A Telleira de Bertamiráns. Ademais, debateranse tres mocións. Dúas foron presentadas polo grupo municipal do BNG: unha para crear o Consello de participación e transparencia; e outra sobre a xestión real e efectiva das colonias felinas no rural de Ames. A terceira moción do grupo municipal popular trata sobre as medidas a adoptar polo Concello de Ames e a Xunta de Galicia na loita contra o munifundismo no municipio amesán. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Venres, 28 de xuño de 2024
O Pleno aproba por unanimidade o proxecto de mellora da mobilidade no parque empresarial do Milladoiro

A Corporación municipal aprobou por unanimidade o crédito extraordinario 1/2024, o proxecto de mellora da mobilidade no parque empresarial do Milladoiro, a primeira prórroga do lote 1 do servizo de monitores e persoal na rede de comedores escolares e do lote 3 de servizo de monitores e merendas no programa de Tardes Divertidas. Tamén se aprobou por unanimidade o expediente para a elección de xuíz/a substituto/a do Concello de Ames, o convenio de colaboración para a xestión compartida da promoción turística da ruta rosaliana As pegadas de Rosalía e a modificación da ordenanza para a protección dos camiños e vías públicas municipais do concello de Ames. Por último, aprobouse por maioría absoluta a corrección de erros no texto da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Mércores, 26 de xuño de 2024
Imaxe de arquivo do salón de plenos

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xuño. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación do crédito extraordinario 1/2024, o proxecto de mellora da mobilidade no parque empresarial do Milladoiro, a corrección de erros no texto da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais, a primeira prórroga do lote 1 do servizo de monitores e persoal na rede de comedores escolares e do lote 3 de servizo de monitores e merendas no programa de Tardes Divertidas. Tamén se abordará o expediente para a elección de xuíz/a substituto/a do Concello de Ames, o convenio de colaboración para a xestión compartida da promoción turística da ruta rosaliana As pegadas de Rosalía e a modificación da ordenanza para a protección dos camiños e vías públicas municipais do concello de Ames. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Venres, 14 de xuño de 2024
O Pleno aproba por unanimidade o documento definitivo da Axenda Urbana 2030 do Concello de Ames

A Corporación municipal aprobou por unanimidade o documento definitivo da Axenda Urbana 2030, que é o documento que marcará a estratexia e as accións a levar a cabo ata 2030, para facer de Ames un concello de convivencia amable, acolledor e máis saudable. Esta folla de ruta naceu como resultado dun proceso participativo no que se implicou ao persoal técnico do Concello e Ames e ao tecido asociativo do municipio co obxectivo de pulsar a súa opinión e de que achegasen propostas e suxestións de cara á redacción do documento definitivo da diagnose. A presentación da Axenda Urbana 2030 realizouse este pasado martes, 11 de xuño, no Pazo da Peregrina. Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo do pleno extraordinario sobre a Axenda Urbana 2030.

Mércores, 12 de xuño de 2024
Imaxe de arquivo do salón de plenos

Este xoves, 13 de xuño, celebrarase un pleno extraordinario no que a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación do documento definitivo da Axenda Urbana 2030, que é o documento que marcará a estratexia e as accións a levar a cabo ata 2030, para facer de Ames un concello de convivencia amable, acolledor e máis saudable. Esta folla de ruta naceu como resultado dun proceso participativo no que se implicou ao persoal técnico do Concello e Ames e ao tecido asociativo do municipio co obxectivo de pulsar a súa opinión e de que achegasen propostas e suxestións de cara á redacción do documento definitivo da diagnose. A presentación da Axenda Urbana 2030 realizouse este pasado martes, 11 de xuño, no Pazo da Peregrina. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Mércores, 05 de xuño de 2024
Seis axentes da Policía Local de Ames condecorados polos seus 25 anos de servizo no corpo

Hoxe mércores 5 de xuño, a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) celebrou na súa sede, na Estrada, un acto de recoñecemento ao labor da Policía Local de Galicia, no que se entregaron medallas ao mérito da Policía Local e distintivos aos e ás axentes que cumpren 25 anos de servizo. Neste senso, foron condecorados seis axentes da Policía Local de Ames: Francisco Javier Berdullas Nieto, Cristina Ferreira Vidal, Juan José Lemos González, José Ángel Miramontes Cajade, Pablo Moure Barcia e Juan José Rodríguez Freire. Os/as axentes do corpo de seguridade amesán recibiron o seu distintivo xunto a outros 46 policías locais galegos. Ademais, homenaxeouse a tres policías locais condecorados coas medallas ao mérito por actos de especial relevancia no exercicio do seu labor.

Venres, 31 de maio de 2024
Imaxe do pleno ordinario de maio de 2024

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este pasado xoves, 30 de maio, o pleno ordinario deste mes de maio. Esta sesión plenaria estivo marcada pola toma de posesión de Carlos García Vieito, como concelleiro do grupo municipal do BNG, e pola moción de reprobación da concelleira de Educación, Carmen Porto, que foi o punto que máis debate xerou e que finalmente foi rexeitada. Ademais, aprobouse o regulamento de uso e funcionamento da Factoría; a revisión de prezos do contrato de xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira (exercicios 2019 e 2020) e o recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2024, por valor de 134.060 euros. Por último, aprobouse a declaración institucional de apoio ás persoas enfermas de ELA e a moción do grupo municipal socialista de solidariedade co pobo palestino. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.

Mércores, 29 de maio de 2024
O Pleno abordará a aprobación inicial do regulamento de uso e funcionamento da Factoría

Este xoves, día 30, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de maio. O pleno comezará coa toma de posesión como concelleiro do grupo municipal do BNG, de Carlos García Vieito, trala renuncia de David Santomil. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a ratificación de dous decretos da Alcaldía para a subsanación de deficiencias de proxectos de obras incluídas no POS+ 2024. Tamén se abordará a aprobación de dous proxectos incluídos no Plan Agader 2024-2025. Por outra banda, debaterase a aprobación inicial do regulamento de uso e funcionamento da Factoría; a aprobación de indemnizacións por asistencias á Xunta de Voceiros e Comisión Especial de Queixas, suxestións e reclamacións; a aprobación de revisión de prezos do contrato de xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira (exercicios 2019 e 2020) e maila aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito 1-2024. Por último, abordarase a declaración institucional de apoio ás persoas enfermas de ELA, a moción política dos grupos municipais BNG e ESCO para a reprobación da concelleira de Educación, Carmen Porto, e a moción do grupo municipal socialista de solidariedade co pobo palestino. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Venres, 26 de abril de 2024
O Pleno aproba por unanimidade a modificación do plan estratéxico de subvencións para introducir novas liñas de axudas

A Corporación municipal aprobou por unanimidade a terceira modificación do plan estratéxico de subvencións e mailo inicio de expediente para a elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames. Tamén se aprobou por unanimidade a ratificación de tres decretos da Alcaldía para a subsanación de deficiencias de proxectos de obras incluídas no POS+ 2024 (obras de seguridade viaria dende o Mercuto a Vilar; obras da senda de A Ponte Maceira a Carballo; e obras de humanización da praza da Curuxa) e outro decreto sobre a corrección dun erro material no POS+ Adicional 1/2024. Ademais, deuse conta da renuncia ao cargo de concelleiro de David Santomil. Por último, aprobáronse dúas mocións políticas, unha moción do Partido Popular de Ames sobre a normativa dos galiñeiros de autoconsumo, e outra do BNG de Ames sobre o rexeitamento do proxecto da fábrica de celulosa Altri. Podes ver a gravación do pleno na canle de Youtube do Concello de Ames.