Solapas principales

O fotógrafo Toño Villar consegue o segundo premio na categoría de Paisaxe e Natureza dos Premios Nacionais Quijote

Sábado, 31 de octubre de 2026

O fotógrafo Toño Villar, con estudio en Bertamiráns, foi distinguido co segundo premio na categoría de Paisaxe e Natureza dos Premios Nacionais Quijote, un novo recoñecemento que pon en valor a súa mirada artística e a súa capacidade para interpretar a contorna natural a través da fotografía. Este novo recoñecemento súmase á traxectoria dun fotógrafo que recibiu diversas distincións nacionais e internacionais polo seu traballo.

Os xuíces comentaron a “mirada á terra e a súa esencia  aludiron e a esa beleza que tantas veces pasa desapercibida” da imaxe galardoada.

Este galardón supón unha nova satisfacción na traxectoria de Villar, cuxa actividade profesional abarca diferentes disciplinas fotográficas, desde a fotografía social e o retrato ata a paisaxe, a arquitectura e a creación artística, aínda que é especialmente coñecido polo seu traballo en fotografía de vodas e familias.

O recoñecemento nos Premios Nacionais Quijote súmase a outros obtidos recentemente en certames internacionais. A súa traxectoria tamén inclúe unha mención de honra nos International Photography Awards (IPA).

Estes recoñecementos reflicten unha faceta do seu traballo que vai máis aló dos encargos profesionais e que se apoia na procura dunha mirada persoal, o coidado da composición e unha especial sensibilidade cara á luz e os espazos.

Paralelamente, Villar continúa desenvolvendo a súa actividade profesional a través de Toño Villar Fotografía, a súa marca vinculada principalmente á fotografía social e de estudo, e de ÁNVIRO Estudio Audiovisual, un proxecto orientado á fotografía comercial, corporativa, deportiva e á produción audiovisual.

Sobre o fotógrafo

Toño Villar é fotógrafo profesional con estudo en Bertamiráns. Especializado principalmente en fotografía de voda e retrato, desenvolve tamén traballos de fotografía comercial, arquitectura e deporte, xunto a unha produción privada centrada especialmente en paisaxe, natureza e fotografía documental.

Nos dous últimos anos o seu traballo foi recoñecido cunha Medalla de Bronce e unha Mención de Honra nos Tokyo International Foto Awards, unha Mención de Honra nos International Photography Awards, tres nomeamentos aos Premios Nacionais Quijote de Fotografía, onde acaba de lograr un segundo premio, e un nomeamento aos Premios Internacionais Luces de Granada.

O fotógrafo Toño Villar consegue o segundo premio na categoría de Paisaxe e Natureza dos Premios Nacionais Quijote