- Tematica
O centro de depósito de residuos do Concello de Ames rexistrou un total de 1.074 entradas durante o pasado mes de agosto. O Punto Limpo do Milladoiro, situado na rúa das Hedras, rexistrou 1.042 usuarios/as, mentres que o Punto Limpo Móbil contabilizou 32 usuarios/as. Uns datos que rexistran unha considerable suba con respecto aos meses anteriores e que poñen de manifesto a responsabilidade de toda a veciñanza de Ames en materia medioambiental e a importancia de separar e reciclar residuos. Este servizo pode empregarse para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais.
A madeira, a madeira, mestura de formigón, ladrillo e outros materiais, e os metais volven ser os residuos máis depositados no Punto Limpo municipal do Milladoiro, cun total de 7.351 quilogramos de madeira; 5.718 quilogramos de lixo procedente da construción (formigón, ladrillos e outros); e 3.150 quilogramos de metais. Ademais, os usuarios e usuarias tamén desbotaron, 1.300 quilogramos de plásticos e 1.289 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES).
Por outra banda, rexistráronse 699 quilogramos de envases de papel e de cartón; 531 unidades de residuos voluminosos; 325 quilogramos de lodos de pintura; 229 litros de aceite usado; 207 quilogramos de roupa; 74 monitores e pantallas de tipo CRT -R5; 61 litros de aceite vexetal; 58 unidades de residuos fluorescentes; e 52 unidades de grandes aparatos electrodomésticos (GAES), entre outros residuos.
Punto Limpo Móbil
En canto ao Punto Limpo móbil, os voluminosos e os PAES foron os residuos máis recorrentes, cun total de 54 quilogramos e 47 unidades, respectivamente. Seguíronlle os metais con 45 quilogramos; os envases baleiros de aerosois con 24 unidades; e os produtos fotoquímicos con 22 quilogramos a. Ademais, depositáronse 10 quilogramos de madeira; tamén 10 quilogramos de aceite usado; 9 unidades de envases baleiros contaminados; 9 quilogramos de plásticos; 7 quilogramos de grandes aparatos electrodomésticos (GAES); 6 quilogramos de lodos de pintura; 5 quilogramos de roupa; 4 quilogramos de aceite vexetal; 2 unidades de monitores e pantallas non CRT e non LED; 2 quilogramos de pneumáticos usados; 1 quilogramo de fluorescentes; e 1 quilogramos de absorbentes e trapos.
Horario e teléfono de contacto do Punto Limpo
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde.
Así, o Punto Limpo abre de luns a sábado, en horario de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88. Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.
Servizo do Punto Limpo Móbil
O Punto Limpo Móbil entrou en funcionamento en 2023, ampliando os servizos do Punto Limpo municipal do Milladoiro. Deste xeito, o último sábado de cada mes o Punto Limpo Móbil presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño, nos seguintes horarios:
-Urbanización de Aldea Nova: está diante do Centro de usos múltiples de Aldea Nova, en horario de 11.00 a 11.45 horas.
-Urbanización de Agro do Muíño: está na dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño, en horario de 12.00 a 12.45 horas.
-Urbanización de As Mimosas: está na zona da piscina, en horario de 12.55 a 13.30 horas.
O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde.





