Solapas principales

Curso de sevillanas en Bertamiráns

Miércoles, 23 septiembre, 2026
O Concello de Ames colabora na organización dun curso de sevillanas que se vai impartir na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta actividade impartirase desde outubro de 2026 ata maio de 2027.

Para participar é necesario inscribirse do 21 de setembro ao 9 de outubro. Os cursos serán impartidos pola profesora titulada Julia Robles. Para dispor de máis información e facer a inscrición pódese chamar ao número de teléfono 635 162 158.

O curso de sevillanas impartirase os venres no anexo da Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 18.30 a 19.30 horas. O curso comezará o venres 9 dde outubro. O prezo do curso para persoas adultas é de 35 euros ao mes.

Multimedia