- Tematica
Conforme o artigo 13.2 da Lei orgánica 5/1995, do Tribunal do Xurado, procédese á exposición pública da lista do censo electoral vixente á data do sorteo, remitida pola Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral, durante prazo de sete días hábiles no período, lugar e horario que a continuación se indica.
- Período da exposición do Censo Electoral: do día 10 ao 18 de setembro.
- Lugar da exposición: Departamento Estatística – Padrón Habitantes.
- Horario da exposición: de 09.00 a 13.30 horas.
Para poder figurar no censo deberase estar empadroado en Ames ata o 30 de xullo de 2026, ter a nacionalidade española, ter alcanzada a maioría de idade o día 24 de setembro de 2026 e atoparse no pleno exercicio dos seus dereitos políticos.
O acto do sorteo para a formación destas listas levarase a cabo o vindeiro día 24 de setembro, ás 12.00 horas na sala de Xuntas da Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral da Coruña, segundo a confirmación da Audiencia Provincial.




