A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organizou esta semana (o martes 1 no Milladoiro e o xoves 3 de setembro en Bertamiráns) unha nova edición das xornadas “Volta ao cole no comercio”. Trátase dunha iniciativa organizada en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local nos días previos ao comezo do curso escolar e a volta á rutina. Esta quinta edición tivo moi boa acollida e houbo unha alta participación nos sorteos polas compras no comercio local. Ademais, participaron con stand A Casa das Linguas e Dolci e Bambini, e diferentes escolas de baile e patinaxe, que tiveron a oportunidade de falar coas familias e presentar as súas propostas de cara ao vindeiro curso.
A área de autocaravanas, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolleron o martes 1 e o xoves 3 de setembro, por quinto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole no comercio”, que organizou XEA en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica. Esta iniciativa ofreceu dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.
A través desta iniciativa ofrecéronse diferentes actividades para os máis pequenos, coma varios inchables (un deles de 100 metros), que estiveron divididos en función do curso escolar dos rapaces e rapazas. Tiveron moito éxito os xogos do mundo e clásicos, nos que participaron moitos nenos e nenas xunto as súas familias. Tamén houbo fotomatón e disco móbil, a cargo de Animus, que animou con moita música as dúas xornadas de Volta ao cole.
Ademais, participaron con stand A Casa das Linguas e Dolci e Bambini, e diferentes escolas de baile e patinaxe, que tiveron a oportunidade de falar coas familias e presentar as súas propostas de cara ao vindeiro curso.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “este ano houbo unha gran participación de familias, tanto no Milladoiro, coma en Bertamiráns, o que indica que esta iniciativa sigue funcionando ben, motivo suficiente para darlle continuidade e tratar de mellorala nos vindeiros cursos”.
Ademais explicou que "a Concellaría de Promoción Económica estivo organizando durante catro anos esta iniciativa. Agora, este ano, ofreceuse XEA a organizar o evento en colaboración coa Concellaría de Promoción Económica. Deste xeito, desde o Concello seguimos apoiando esta iniciativa, que sempre ten unha boa acollida entre a veciñanza amesá, e tamén entre visitantes doutras zonas da contorna”.
A xerente da Xuntanza de Empresarios de Ames, Beatriz López, destacou que “este ano esta iniciativa tivo moi boa acollida e houbo unha alta participación nos sorteos polas compras no comercio local, algo moi positivo, xa que isto implicou que se fixeron moitas compras no comercio local. Ademais, fixo bo tempo, o que permitiu que as familias participasen nas actividades e xogos propostos”.
Sorteo de packs de Volta ao cole
Por outra banda, houbo un sorteo especial de 36 packs de material escolar e vales de desconto para compras organizado por XEA. Para poder participar neste sorteo había que realizar unha compra en calquera dos establecementos asociados a XEA, cubrir os vales coa información do tícket de compra e depositalos dentro dunha furna o días da festa no Milladoiro ou Bertamiráns.
Os establecementos comerciais que colaboraron con packs de material escolar foron: Carlin, Nenos Nais, Papelería Chavián, Recunchos Didácticos e Piedra Papel Tijera. Dolci e Bambini colaborou con caixas de doces, e Folerpa Librería, Librería Mainomen e Leria Libros doaron tres vales de 15 euros cada un.























