- Tipo
- Tematica
Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comeza o mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.
Deste xeito, o programa inclúe a artistas e compañías como Paco Nogueiras, Migallas Teatro, Cris de Caldas, Miguel Froján, Raquel Queizás, Brais das Hortas, Iseo a Moura, Fundación Legar, A Cova das Letras, Sonsoles Penadique, Chechu Riquelme e A Banda da Montaña. Todos e todas elas ofreceranlles ás familias moitas risas, música, baile e moitas aprendizaxes e experiencias novas a través dunha crianza positiva en galego.
O Pazo da Peregrina acollerá Pan de broa, unha narración oral con música en directo, obxectos e moita emoción que nos lembra que os contos, coma o pan, alimentan o corpo. Pan de broa é tamé unha homenaxe aos ditos, cancións e contos que acompañan a infancia e permanecen na memoria das familias. Un espectáculo-obradoiro cheo de petiscos poéticos e divertidos que alimentan tanto coma o mellor pan.





