Solapas principales

Arredor de 300 deportistas participarán este sábado na II Regata provincial Ames e o XXXV Descenso do Tambre

Miércoles, 22 de julio de 2026

Un total de 250 deportistas reuniranse este sábado, 25 de xullo, dende as 16.00 horas, para disputar a segunda edición da Regata provincial Ames, que forma parte do V Circuíto Deputación da Coruña de Piragüismo en augas tranquilas.  Previamente, en horario matinal, a partir das 12.00 horas, outros 40 deportistas disputarán o XXXV Descenso do Tambre Concello de Ames, que se celebrará dende Portomouro ata a Praia Fluvial de Tapia.

O Concello de Ames celebrará este sábado, 25 de xullo, unha gran festa do piragüismo. Case 300 deportistas daranse cita nas inmediacións do río Tambre para disputar dúas competicións: o XXXV Descenso do Tambre Concello de Ames, pola mañá; e a segunda edición da Regata provincial Ames, pola tarde. 

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, mostrouse moi leda por “poder potenciar este deporte, que no noso Concello está promovido polo Club Ribeiras do Tambre e que este ano cumpren 40 tempadas”. Señorís destacou que acoller estas dúas probas “é unha satisfacción moi grande, e permítennos poñer en valor a nosa área recreativa de Tapia e o noso piragüismo”.

Xustamente a II Regata provincial de Ames reunirá a un total de 250 deportistas. Esta competición consta de seis regatas que formarán parte da competición provincial. O circuíto arrincou o pasado sábado, 4 de xullo, na Coruña, e a segunda proba celebrarase na praia fluvial de Tapia, este sábado, 25 de xullo, ás 16.00 horas. 

O circuíto mantén a súa aposta polas categorías de formación, con padexeiros/as desde prebenxamín ata cadete, en probas de kaiak e canoa. Todos/as os/as padexeiros/as terán  que percorrer unha distancia de 1.500 metros en todas as categorías. O obxectivo desta competición é incentivar o deporte federado de base, poñer en valor o piragüismo e promover a provincia a través da actividade deportiva. 

Ese mesmo día, pola mañá, a partir das 12.00 horas, serán 40 os deportistas que disputen o XXXV Descenso do Tambre Concello de Ames, que se celebrará dende Portomouro ata a Praia Fluvial de Tapia. Trátase dunha competición amigable para as categorías xuvenil, sénior e veteranos, que se vai a celebrar dende Portomouro ata a praia fluvial de Tapia.  As embarcacións que poderán participar na proba serán K-1 e C-1. A distancia do descenso é de 5.400 metros.

Arredor de 300 deportistas participarán este sábado na II Regata provincial Ames e o XXXV Descenso do Tambre

Multimedia

  • Arredor de 300 deportistas participarán este sábado na II Regata provincial Ames e o XXXV Descenso do Tambre