Viernes, 10 julio, 2026
- Tematica
Na tempada de alto risco de incendio forestal queda desaconsellado realizar traballos e actividades de carácter silvícola e agrícola nas horas centrais do día cando o IRDI acade os niveis de moi alto ou extremo.
Se, excepcionalmente, se realizan estas tarefas entre as 12:00 e as 18:00 horas, será obrigatorio contar con:
-Unha persoa auxiliar vixiando posibles conatos de incendio.
-Un vehículo con, polo menos, 400 litros de auga.
-Dous batelumes.
-Un extintor de máis de 6 kg.
-Unha mochila extintora de máis de 15 litros.
A prevención é fundamental para protexer o noso monte. Actúa con responsabilidade e extrema as precaucións.





