Solapas principales

>Clausuras da Escola Municipal de Teatro, en Bertamiráns

Martes, 9 junio, 2026
Dende as 17.30 horas

Os vindeiros días 4, 9 e 10 de xuño, terá lugar a clausura dos grupos de rapaces e rapazas da Escola Municipal de Teatro, onde cada unha das agrupacións representará a derradeira peza de teatro deste curso.

O día 9, será a quenda do grupo infantil (6º infantil, 1º e 2º de primaria), que presentarán a peza “Tufina, unha princesa pouco fina” ás 17.30 horas; o grupo infantil (de 3º a 6º de primaria) coa obra “Un accidente inesperado” ás 20.00 horas, e o grupo xuvenil (Educación Secundaria) coa peza “A máquina do tempo”, que actuarán ás 20.30 horas.