- Tematica
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar, o pasado 27 de xullo, a concesión de axudas para o exercicio 2025 a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para a promoción de actividades de servizos comunitarios e inclusión social. Un total de catorce entidades recibirán 60.000 euros para promover actividades complementarias aos servizos sociais, que favorezan a inclusión, a saúde pública ou a formación laboral.
Nesta ocasión, os fondos repartiranse entre Arcea Adames, ASPSSC, Caritas Ortoño, Caritas Milladoiro, AGASOL, Alcer, Asociación Agalure, Fonte da Virxe, COGAMI, Fundación Tierra de Hombres, Asotrame, Fundación Amigos de Galicia, Asociación de peruanos en Santiago de Compostela e Ames e a Asociación de Familias Monoparentais de Galicia-FAGAMOS. Os fondos serán destinados a propostas formativas, cobertura de materiais e á cobertura doutras necesidades básicas.
O importe total da liña de subvencións era de 60.000 euros, da cal se consumiu a práctica totalidade dos fondos, xa que se repartirán 59.997,89 euros.
É necesario xustificar o 100% dos gastos. No caso de que as actuacións se realizaran entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2025, as entidades deberán ter xustificado o seu gasto antes do 30 de setembro. Por outra banda, se os proxectos van ser realizados e aboados entre o 1 de xullo e o 30 de novembro de 2025, deberán realizar á xustificación antes do 30 de novembro.
23 proxectos a desenvolver
A concesión das axudas ás dezaseis entidades repartiuse entre vinte e tres proxectos. Deste xeito, a Arcea Adames correspóndenlle 4.343,84 euros para o proxecto “Autonomía persoal”, 4.208,10 para “Educación emocional e intervención en comunicación e linguaxe” e outros 4.072,35 euros para o proxecto “Inserción laboral”. Pola súa banda, a ASPSSC correspóndenlle 3.092,56 euros para “Interpretación de linguaxe de signos”. Cáritas Ortoño desenvolverá os proxectos “Alugueiros” e “Necesidades básicas”, para os que se fai con 2.506,04 euros e 2.452,72 euros, respectivamente. Pola súa banda, Caritas Milladoiro levará a cabo “Empoderat” (cunha subvención de 3.305,84 euros), “ARETÉ” (cunha axuda de 3.625,76 euros) e “A salvo na casa” (tamén cunha axuda de 3.305,84 euros).
AGASOL terá 3.092,56 euros para a “Oficina de voluntariado informático e Banco de reciclaxe electrónico”. ALCER, con outros dous: “Información orientación” e “ALCER – 7 vidas”, que recibirán 975 euros e 995 euros respectivamente. No caso de Fonte da Virxe, o proxecto a desenvolver é “Acompañamento integral no rural”, que se dotará con 2.559,36 euros. “Atención a persoas con discapacidade”, de COGAMI estará dotado cunha axuda de 2.772,64 euros. Por outro lado, Fundación Tierra de Hombres recibirá 1.357,60 euros para “Viaxe cara a vida”. A Asociación Agalure realizará tres proxectos: “Plan de prevención de condutas aditivas sen sustancias para técnicos”, cunha axuda de 1.629,12 euros; “Plan de prevención de condutas aditivas sen sustancias para adolescentes” cun importe de 2.772,64 euros e “Plan de prevención de condutas aditivas en maiores” cunha subvención de 2.408,26 euros.
Pola sua parte, ASOTRAME recibirá 1.017,66 euros para desenvolver o proxecto “Sensibilización no cancro hematolóxico”, mentres que a Fundación Amigos de Galicia levará a cabo “Plan integral de loita contra a pobreza” cunha axuda de 2.772,64 euros. Así, a Asociación de Peruanos en Santiago de Compostela e Ames desenvolverá dous proxectos, “Puentes de integración” dotado de 2.239,44 euros e “Capacítate Galicia” cunha subvención de 2.375,54 euros. Por último, a Asociación de Familias Monoparentais de Galicia-FAGAMOS recibirá un importe de 2.117,38 euros para desenvolver o proxecto “Encontros monomarentais en Ames”.





