Solapas principales

Aberto o prazo de preinscrición para matricularse nas clases da A.C. Os Castros para o curso 2025-2026

Lunes, 22 de septiembre de 2025

A asociación cultural Os Castros abre o prazo de preinscrición para matricularse nas clases correspondentes ao curso 2025-2026. Como vén sendo habitual, dende a asociación ofertan a súa escola de gaita e percusión; escla de baile e escola de música e baile (unha actividade de música escollida xunto con baile tradicional). Deste xeito, a veciñanza interesada en participar pode realizar o prazo de preinscrición ata o vindeiro venres, 26 de setembro. Pode realizarse enviando un correo electrónico ao enderezo correo@acoscastros.es ou de xeito presencial na rúa Alcalde Lorenzo Nº2 1ºLocal 3, en Bertamiráns, de 20.30 a 21.30 horas. 

A asociación cultural Os Castros abre o prazo de preinscrición para matricularse nas súas escolas de baile e música correspondentes ao curso 2025-2026. Nesta ocasión, ofertan escola de gaita e percusión, na que se pode escoller unha actividade, por 130 euros; dúas actividades, por 150 euros; e, no caso de escoller tres actividades, a terceira é gratis. En cando a escola de baile, o prezo é de 185€. Para a escola de música e baile (unha actividade de música e baile tradicional galego), son 200€ e, no caso de escoller unha terceira actividade, esta é gratis. Aplicarase unha reducción do 50% do prezo a partir do terceiro membro familiar e requírese un mínimo de 10 alumnos/as para formar grupo. 

Por outro lado, os horarios establecidos para a escola de gaita e percusión son os seguintes: os luns en Bertamiráns, en horario de 20.30 a 22.30 horas; os sábados en Biduído de 10.00 a 13.00 horas; e os domingos en Trasmonte de 10.00 a 11.30 horas. En cando a escola de baile, desenvolverase en Bertamiráns os sábados en horario de 16.30 a 18.30 horas. A presentación e a organización das clases de baile e gaita tradicional realizarase os días 4, 5 e 6 de outubro. As clases darán comezo definitivamente, en tódalas disciplinas, o vindeiro 13 de outubro. 

O prazo para realizar a preinscrición estará aberto ata o vindeiro venres, 26 de setembro. Unha vez rematado este período, que se realiza por motivos organizativos, abrirase o prazo para realizar a matrícula definitiva, que será do 29 de setembro ata o 3 de outubro. Ámbalas dúas poderán formalizarse enviando un correo electrónico a correo@acoscastros.es ou de xeito presencial na rúa Alcalde Lorenzo Nº2 1ºLocal 3, en Bertamiráns, de 20.30 a 21.30 horas.  

Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 690 962 363, enviar un correo a correo@acoscastros.es ou visitar a páxina web blog.acoscastros.es.

Aberto o prazo de preinscrición para matricularse nas clases da A.C. Os Castros para o curso 2025-2026

Multimedia

  • Aberto o prazo de preinscrición para matricularse nas clases da A.C. Os Castros para o curso 2025-2026