Solapas principales

Ames presume de escola municipal de música polo seu 20 aniversario

Viernes, 23 de mayo de 2025

O pavillón municipal do Milladoiro acolleu este serán a gala de celebración do 20 aniversario da Escola Municipal de Música de Ames. O evento estivo dividido en tres bloques: pasado e recordos; presente e continuidade; e futuro e clausura. Houbo música a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA como María Iglesias, Manuel Rodríguez (MRT) e Xián Ardións. Proxectouse un vídeo conmemorativo e fotos antigas e actuais. Falouse con antigos profesores/as e directores/as, antigo alumnado e familias, alumnado actual, profesorado actual, e ex-concelleiros que estiveron no goberno municipal durante estes vinte anos. O acto estivo presentando por Belén Martínez, xornalista de Ames Radio.

Ao longo de todo o curso 2024-2025, a Escola Municipal de Música de Ames celebrou o seu 20 aniversario con diferentes actividades para conmemorar dita efeméride. Agora, como peche desta programación especial, celebrouse esta tarde no Milladoiro unha gala musical, na que houbo espazo para lembrar os comezos da escola, facer balance do presente e dar unha visión sobre o futuro.

Un dos primeiros actos do vinte aniversario realizouse o pasado 15 de novembro de 2024, coincidindo co día no que se creaba este servizo municipal. Ese día a EMMA estreou nova imaxe corporativa, unha imaxe fresca, chea de cores e moderna para demostrar que segue na primavera da vida. A nova imaxe corporativa da EMMA foi deseñada pola deseñadora gráfica, Doli Folgar.

Durante o acto abordáronse os fitos máis importantes da escola: o seu nacemento e o seu traslado ao centro de usos múltiples da Aldea Nova; a inscrición da EMMA no rexistro de escolas de música da comunidade autónoma de Galicia; e o recente recoñecemento que recibiron este ano dúas alumnas, Emma Pérez e Candela Caamaño, ao gañar o concurso Quero Cantar 2025, organizado pola Deputación da Coruña.

O acto comezou cun breve repaso á historia da escola ao longo destas dúas décadas en funcionamento cunha proxección dun vídeo conmemorativo sobre personalidades que non puideron asistir e de fotos antigas e actuais da escola de música. En dito vídeo participaron varios antigos mestres/as e directores/as da EMMA, así como Jose Miñones, ex-alcalde, e Natividade González, ex-concelleira de Cultura, que puxeron en valor o servizo que ofrece a EMMA e os avances que se foron realizando dende o comezo como foi adquirir por parte do Concello o edifico onde se imparten as clases da EMMA.

De seguido, o actual alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou o traballo realizado na Escola Municipal de Música durante estes 20 anos de traxectoria. Blas García agradeceu “o traballo nos inicios de Carlos Fernández e Xosé Fernandez, que no ano 2004 puxeron en marcha a EMMA. A escola de música naceu nun momento de cambio e impregnouse da efervescencia do momento converténdose nun símbolo de xuventude, cambio, rebeldía... Foi un sopro de aire fresco”.

Ademais, engadiu “hoxe é un día para comprometernos entre todas e todos a seguir potenciando esta escola e seguir xerando arte. Este servizo foi posible gracias ao traballo de alcaldes, concelleiros e concelleiras do PSdeG, do PP e do BNG, non se me ocorre mellor exemplo ca este de que se hai vontade política en facer algo o partido non pode ser impedimento. O que hoxe son case 200 alumnos e alumnas, fai 20 anos apenas chegaban aos 70. Foron centos os alumnos que se formaron baixo estas siglas, arriscaríame a afirmar que máis de 1.000. Temos que seguir potenciando a EMMA e empezar a pensar en crear unha futura banda de música de Ames. Esta banda ten que levar o nome de Ames por onde vaia”.

Pasado e recordos
Durante a primeira parte da gala, os protagonistas foron o pasado e mailos recordos, pois abordáronse os primeiros anos de vida da escola, da man de antigos mestres/as e directores/as que fixeron memoria para contar anécdotas e recordos das súas respectivas etapas dentro da EMMA.

Deste xeito, participaron Xosé Carlos Seráns (primeiro director da EMMA); Ana Blanco (ex-directora e actual mestra de linguaxe musical); José Antonio Rodríguez (primeiro profesor de guitarra). Xosé Carlos Serán, primeiro director da EMMA, falou sobre a ilusión que houbo para poñer en marcha este proxecto. “Ao comezo houbo que crear un proxecto educativo e unha estrutura de horarios, aulas, etc. Houbo que facer unha selección de profesorado, a busca de espazos e do material necesario. Recordo o interese de moitos pais e nais para levar aos seus fillos/as á escola de música”. Tamén puxo en valor “a dedicación dos mestres”.

A continuación, para poñer dar un toque musical á gala contouse coa actuación de Xián Ardións, que interpretou un tema composto por el mesmo “Rumba do ghicho”. Xián defínese coma un pedagogo musical, pianista e neto dunha pandeireteira. Ademais, é un apaixonado da música xa que ademais de piano estudou acordeón e gaita. É mestre de música e pasou por bandas de música, charangas e dúos.

Posteriormente contouse con diversos testemuños de antigo alumnado e das súas familias: María Iglesias (canto); Javier Grandío (guitarra); Manuel Rodríguez (canto); Xián Ardións (piano); Clara Lago (nai de Irene, Álvaro e Arancha que estudaron piano, guitarra e linguaxe musical na EMMA); e Marcelino Tronceda (pai de Ángela que estudou frauta na EMMA). Todos eles falaron dos seus inicios na escola de música e recordaron con ledicia as clases que lles impartían os seus profesores e profesoras. Tamén destacaron que se dedican á musica gracias a EMMA, que lles serviu para formarse, e como plataforma de despegue.

Para pechar este primeiro bloque contouse coa actuación dunha antiga alumna, María Iglesias, que interpretou un tema de Alicia Keys “Fallin!”. María Iglesias comezou na EMMA aos 7 anos para estudar canto, linguaxe musical e guitarra. María foi a gañadora do certame Terra Chá no ano 2021, cunha composición musical propia “Vida infinita”. Ademais, gañou o concurso de canto da Rockschool Spain no ano 2022, nese mesmo ano gañou a segunda edición do Concurso Canta con Ames. Tamén foi finalista do Concurso Quero Cantar 2023; e é vocalista do grupo Onda Dagda.

Presente e comunidade
Neste segundo bloque da gala o eixo central foi o presente que está a vivir a EMMA. Neste 2025 a escola conta con 175 alumnos e alumnas matriculados nas distintas modalidades: canto, guitarra, piano, violín, saxo, percusión, frauta traveseira, música e movemento, e linguaxe musical. Na escola hai espazo para persoas de todas as idades, poden comezar na escola con catro anos e non hai límite de idade. Ademais da formación individual o alumnado intégrase en grupos ou combos.

Neste bloque o protagonismo foi para alumnado actual da escola e as súas familias. Deste xeito, interviron Josefa Fernández (a alumna de máis idade que estuda frauta); Catuxa Tobío (a alumna máis nova que estuda música e movemento) e a súa nai Araceli; Marisol Abraira; Cristina Alonso; e Emma Pérez e Candela Caamaño, gañadoras do concurso Quero Cantar.

Josefa Fernández dixo “a aprendizaxe non ten idade. Eu apunteime na EMMA cando me xubilei porque tiña máis tempo”. Araceli dixo que a súa filla Catuxa “vai moi contenta á escola de música. Ela quería tocar o acordeón, pero non se imparte ese instrumento entón terá que escoller outro”. Ademais, Marisol Abraira puxo de manifesto “a ledicia que dá a música, polo que anima a seguir traballando para manter e mellorar, se é posible, a escola de música”.

Xunto co alumnado, nesta parte da gala tamén se conversou co profesorado da escola na actualidade. Interviron Ana Blanco (mestra de linguaxe musical); Eva Millares (mestra de piano que leva na EMMA dende o comezo); Pilar Martínez (mestra de canto e actual directora); Amaury Quintero (mestre de percusión); Sergio Piñeiro (mestre de saxo), Noelia Ramos (mestra de frauta) e Aga Mainska (mestra de violín). Ana Blanco, mestra de linguaxe musical, destacou que “a estabilidade do profesorado aporta tranquilidade. Ademais, que se conte cunhas instalacións propias axuda moito”. Tamén destacaron a comunidade que se creou entre o profesorado e a dedicación do alumnado, aínda que segundo dixo Ana Blanco “os rapaces e rapazas agora están acostumados a imediatez e á musica require de tempo e dedicación”.

De seguido, foi a quenda de Manuel Rodríguez (MRT), que interpretou un tema propio “Difícil”. Manuel é tamén ex-alumno da EMMA e sempre tivo clara a súa vocación pola música urbana. Con só 16 años decidiu sacar o seu primeiro tema e desde entón non parou. Compuxo máis de 18 temas de drill, reggaeton ou trap; publicou o seu primeiro disco “Solitario”, un disco que xa conta con preto de 10.000 reproducións.

Por outra banda, estiveron presentes antigos concelleiros que foron responsables da EMMA, Xosé Manuel Fernández e David Santomil, que lembraron os momentos máis importantes e destacados con respecto á escola durante o tempo que tiveron responsabilidade neste servizo municipal. Xosé Manuel Fernández, como concelleiro de Cultura, foi o encargado de crear a EMMA no ano 2004. “Eu son o culpable de iniciar, pero despois todos fomos sumando. Isto é o resultado do traballo de moita xente. Cando cheguei ao goberno en 2023 tiña marcado en vermello a creación da Escola Municipal de Música de Ames. Un ano e pouco despois estábamos en funcionamento”.

David Santomil, foi o concelleiro que conseguiu inscribir á EMMA no rexistro de escolas de música da comunidade autónoma no ano 2017. “Un dos principais retos para min foi estabilizar ao profesorado e tamén adquirir o edificio onde se imparten as clases da EMMA. En segundo lugar, dar de alta a EMMA no rexistro de escolas de música da comunidade autónoma. Para min foron os dous principais fitos que puiden realizar como xestor público”.

Futuro
Na última parte da gala, a actual directora da EMMA, Pilar Martínez, fixo unha visión sobre o futuro da escola e dos obxectivos marcados para os vindeiros anos. “Hoxe celebramos vinte anos de musica e de medrar xuntos. Aquí estamos hoxe gracias a un equipo que pon a alma en cada clase e aos responsables políticos que apostaron e seguen apostando por una educación musical pública. Gracias ás familias, que acompañaron ao noso alumando, que lle dá sentido a esta profesión. A EMMA está máis viva que nunca”.

Ademais das verbas da directora, a presentadora, Belén Martínez, tamén tivo unhas palabras de agradecemento e despedida para dar paso á fin da gala coa actuación final do Combo Xuvenil (Lucía Martín ao teclado, Pablo Martín á guitarra, Pedro Fanego ao baixo, Lucía Montaña á guitarra, Ángel Nieto á batería, e Guillermo Barreiro ao teclado).

Ames presume de escola municipal de música polo seu 20 aniversario

Multimedia

  • Ames presume de escola municipal de música polo seu 20 aniversario