Solapas principales

Proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de secretaría incluída na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición

Miércoles, 16 septiembre, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a acta 2 do tribunal do proceso de técnico de secretaria coa resolución de alegacións e resultado definitivo da baremación dos méritos correspondentes á fase de concurso. Ademais, publícase a data e hora para a realización do exame da fase de oposición. Trátase do proceso selectivo dunha praza por concurso-oposición do artigo 2 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización).

 Convócase aos aspirantes á celebración do único exercicio da fase de aposición consistente nun cuestionario tipo test. Ás 11.00 horas do día 14 de outubro de 2026 no Centro de formación e emprego, situado na urbanización de Aldea Nova (rúa Costaneira, número 2).