Solapas principales

Comezan as obras da segunda subfase da améndoa central de Bertamiráns

Lunes, 13 marzo, 2023
O Concello de Ames informa de que van a comezar as obras da segunda subfase da améndoa central de Bertamiráns. Ditos traballos executaranse na avenida da Maía. As obras comezaron na praza da Maía e continúan agora na avenida. Debido a ditas obras haberá que reubicar os contedores de residuos e mailas paradas do transporte metropolitano e transporte escolar. Tamén haberá zonas da avenida nas que non se poderá estacionar.

Ao pé deste aviso pódese descargar un plano do Google Maps da zona da fase I, destacando as seguintes zonas:

-Obras: zona sinalada con frechas vermellas (zona de actuación da avenida da Maía).

-Contedores: zona sinalada con estrelas amarelas (nesta zona están situados os contedores de residuos, polo que a empresa FCC procederá a recolocalos).

-Transporte metropolitano e transporte escolar: a parada do bus actual está marcada cunha liña azul e co número 1. Esta parada de autobús trasladarase á zona marcada cunha liña azul e co número 2 (nesa zona prohibirase o estacionamento para deixalo para a parada).

-Na zona marcada en cor morada prohibirase o aparcamento de vehículos.

Intentarase que as molestias ocasionadas sexan as mínimas, pero será inevitable que haxa algunha alteración que afecte ao tráfico de vehículos e peonil, así como as entradas e saídas de garaxes. Dito proxecto foi adxudicado á Unión Temporal de Empresas Construcciones Cernadas SL y Vázquez y Reino SL “UTE Impulsa Ames”, por un importe de 1.347.000 euros (IVE incluído). Actuarase en seis rúas e dúas prazas en tres fases distintas de execución. Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo explicativo deste proxecto.

Multimedia