Solapas principales

122 mozas e mozos participan nos campamentos de Paisaxe II e praia América organizados pola Concellaría de Mocidade

Lunes, 18 de julio de 2022

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, e maila técnica municipal de mocidade, Pili Villaverde, visitaron a semana pasada as instalacións dos campamentos de Paisaxe II (O Grove) e praia América (Nigrán), onde 122 mozos e mozas de Ames gozan duns días de sol e actividades. Nos dous campamentos desfrutaron de piscina e de veladas nocturnas, xogos na praia, olimpíadas, actividades náuticas, etc. Estas actividades enmárcanse dentro da programación de campamentos de verán que organiza o Concello de Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O servizo de Campamentos de Verán 2022 está dirixido á rapazada que realizou o curso pasado estudos de educación infantil, primaria, secundaria ou bacharelato. Trátase dunha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar a nenas/os e mozas/os das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito de vida saudable ao tempo que se achegan ao medio natural, ao deporte ou á cultura.

Dous dos campamentos incluídos en dita programación están organizados e xestionados pola Concellaría de Mocidade. Deste xeito, para comprobar que estas actividades se están desenvolvendo con normalidade, a semana pasada a concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, e maila técnica municipal de mocidade, Pili Villaverde, visitaron as instalacións dos campamentos de Paisaxe II (O Grove) e praia América (Nigrán).
 
No campamento de praia América, en Nigrán, participan 72 rapaces de 1º e 2º de ESO. Un grupo de 50 rapaces participaron do 10 ao de 16 de xullo, mentres que outro grupo de 22 rapaces e rapazas están neste campamento actualmente. A súa estadía é do 17 ao 23 de xullo. Algunhas das actividades que se fixeron e se están realizando neste campamento son: excursión a Monteferro e ás Illas Cíes; practicaron actividades de caiac, paddle board, bici e vela; participaron en xogos na praia, volei, e desfrutaron da piscina.
 
Por outra banda, 50 rapaces de 3º de ESO a 2º de bacharelato participaron no campamento Paisaxe II (O Grove) do 10 ao 16 de xullo. As mozas e mozos que participaron en dito campamento visitaron Catoira e maila Lanzada, practicaron padle surf, bodie board, caiac e surf. Tamén fixeron varias rutas pola península do Grove, visitaron as Illas Ons, e á volta fixeron unha excursión ata Pontevedra.

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, destaca “a importancia de organizar este programa de campamentos de verán, que todos os anos conta cun gran número de participantes. Son uns días de moita diversión e entretemento para a mocidade. Na visita que fixemos a semana pasada trasladáronos que as mozas e mozos estaban pasando uns días de moita actividade, e que estaban desfrutando deses días cos amigos e amigas, a pesar da semana de calor que lles tocou pasar”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Os campamentos de praia América e Paisaxe reúnen a máis de cen rapaces"

Imaxe do campamento Paisaxe II (O Grove)

Multimedia

  • Imaxe do campamento Paisaxe II (O Grove)
  • Imaxe do campamento Paisaxe II (O Grove)
  • Imaxe do campamento Paisaxe II (O Grove)
  • Imaxe do campamento Paisaxe II (O Grove)
  • Imaxe do campamento Paisaxe II (O Grove)
  • Imaxe do campamento de praia América, en Nigrán
  • Imaxe do campamento de praia América, en Nigrán
  • Imaxe do campamento de praia América, en Nigrán
  • Imaxe do campamento de praia América, en Nigrán
  • Imaxe do campamento de praia América, en Nigrán