Solapas principales

Cen nenos seguen a desfrutar da Escola de Verán durante a segunda quincena de agosto

Martes, 17 de agosto de 2021

O luns 16 de agosto comezou a última edición da Escola de Verán, que este ano se desenvolve no CEIP da Maía, no CEP de Ventín e na EEI do Milladoiro
Durante a segunda sesión deste mes de agosto, 101 alumnos e alumnas están aprendendo sobre a diversidade que existe na natureza para desenvolver un espírito solidario, así como comprender a complexa composición dos diferentes contornos naturais e as especies.

Durante a segunda quincena de agosto, os nenos e nenas están a aprender as relacións que existen tanto entre os seres vivos, tanto animais como seres humanos. A Escola de Verán, dun xeito lúdico e dinámico, estalle a inculcar á rapazada a importancia de preservar o equilibrio nos diferentes ecosistemas para manter a vida.

Ata o vindeiro 31 de agosto, 43 nenos e nanas estarán na escola da Maía, 35 na EEI de Milladoiro e 23 na escola de Ventín. Durante as xornadas realizarán diferentes actividades para aprender sobre os ecosistemas, a biodiversidade, as emocións e a evolución das especies. Ademais, xogarán ao “Quiz Game: As especies animais”, “Sinto, logo existo” e levarán a cabo unha ruta e diversos xogos na natureza.

A Escola de Verán na primeira quincena de agosto
A Escola de Verán pretendeu, durante o mes de agosto, ensinarlle aos nenos e nenas a importancia do autocoñecemento persoal para descubrirse como ser humano único e como parte dunha sociedade coa que convivimos. Ademais permitiulles coñecer os roles, límites, responsabilidades, dereitos e deberes.

Os 112 nenos e nenas que se inscribiron durante as primeiras semanas de agosto, dos cales 49 estiveron en Maía, 35 na EEI de Milladoiro e 28 na escola de Ventín, ensináronlle a Terry e Cola, unha parella de extraterrestres, como se comportan os seres humanos na Terra. Todas as mañás, o alumanado, a través da dinámica “Bo día, como estás?”, expresaban as súas emocións.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La Escola de Verán de esta quincena tiene 101 participantes"

Cen nenos seguen a desfrutar da Escola de Verán durante a segunda quincena de agosto

Multimedia

  • Cen nenos seguen a desfrutar da Escola de Verán durante a segunda quincena de agosto
  • Cen nenos seguen a desfrutar da Escola de Verán durante a segunda quincena de agosto
  • Cen nenos seguen a desfrutar da Escola de Verán durante a segunda quincena de agosto