Solapas principales

Ames celebra por primeira vez a Festa Latina con ritmos cubanos

Viernes, 16 de julio de 2021

Continúa o programa “AmesON” o sábado 17 de xullo coa Primeira Edición da Festa Latina que homenaxeará a Cuba. Actuarán os grupos “Rompiendo la rutina”,”Trío Habana” e “Cuarteto Okán”. Celebrarase no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns, ás 20.00 horas. Dende a organización anímase á veciñanza a acudir a este evento con prendas de roupa branca.

A Concellaría de Promoción Económica traballa este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O terceiro concerto do AmesOn, dos trece que están programados, será o da Festa Cubana. Dende ás 20.00 horas actuarán os grupos “Rompiendo la rutina”,”Trío Habana” e “Cuarteto Okán”.

Yanet Carrazana, Baikal Guncen e Marcos Luís Valcárcel compoñen o grupo “Rompiendo la rutina”. Os asistentes poderán desfrutar de música cubana, jazz-latin, bossanova...

“Trío Habana” fará desfrutar con boleros, guaracha e cha cha cha.

O “Cuarteto Okán” fará bailar á veciñanza a ritmo de salsa.

Ana Belén Paz, Concelleira de promoción Económica, recorda que: “Seguimos traballando no Plan de Reactivación Económica do Concello de Ames. O obxectivo do AmesOn é dinamizar os sectores culturais, comerciais e a hostelería do noso Concello. Como o ano pasado todos os grupos teñen compoñentes que son veciños e veciñas de Ames”.

 Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.

Habana Trío

Multimedia

  • Habana Trío
  • Rompiendo la rutina
  • Cuarteto Okán
  • Cartel AmesOn