Solapas principales

Rematadas as obras de saneamento de Susavila de Carballo

Jueves, 13 de agosto de 2020

A rede de saneamento de Susavila de Carballo, na parroquia de Trasmonte, entrou en funcionamento o pasado mes de xullo. As obras foron executadas pola empresa José Varela Iglesias SL. O presuposto da obra, que está incluída no Plan complementario do Plan único de Concellos POS+ 2018, tiña como base de licitación á cantidade de 92.889,93 €, I.V.E. incluído.

A nova rede de abastecemento do lugar de Susavila de Carballo da continuidade á xa existente neste núcleo da parroquia de Trasmonte. A adxudicación das obras á empresa José Varela Iglesias S.L. fora aprobada en Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada en abril de 2019.

Esta nova rede conta cunha canalización de 1.590 metros de tubería de PVC SN-4 de 250 milímetros de diámetro e maila execución de 36 pozos de rexistro, previa escavación dunha zanxa e o posterior recheo compactado da mesma. Asemade, ao remate das obras, repuxose o pavimento afectado por outro semellante ao existente.

Na parroquia de Trasmonte este saneamento súmase ao do Portanxil, xa realizado durante o mandato pasado, e ás obras do que se está a realizar en Suevos e Sorribas, o que segundo manifesta o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, “é un claro compromiso deste Goberno coa mellora e ampliación da rede de saneamento municipal, co obxectivo de ir completando ao 100 por cen as parroquias rurais”.

Enlaces relacionados:

La Voz de Galicia: "Finalizadas las obras de saneamiento en Susavila de Carballo, en Ames"

El Correo Gallego: "Susavila ya tiene saneamiento para sus inmuebles"

AmsGo: "Acabado o saneamento en Susavila de Carballo"

 

Obras en Susavila de Carballo

Multimedia

  • Saneamento en Susavila e Carballo
  • Saneamento Susavila