Solapas principales

A Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación do subministro de pellets de madeira e gasóleo “C” para calefacción

Sábado, 11 de enero de 2020

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do subministro de pellets de madeira, incluído no lote 4 do procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada do subministro de combustibles, e do subministro de gasóleo “C” para calefacción, incluído no lote 3 do mesmo procedemento. O subministro de pellets de madeira foi adxudicado á empresa Almacenes Celso Míguez, mentres que o subministro de gasóleo “C” para calefacción foi adxudicado á Estación de Sevizo Lapido.

En canto ao subministro de pellets de madeira para o Concello de Ames, establécese un prezo unitario máximo, sen IVE, de 3,235 euros por saco de 15 kg. A duración inicial do contrato será de dous anos, prorrogable a un ano máis un por mutuo acordo das partes. Cómpre destacar que o Concello de Ames vén apostando nos últimos anos polo uso das enerxías renovables.
 
Seguindo esta liña de traballo, participou na convocatoria de axudas para a realización de proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Esta contía foi destinada á realización do proxecto que incluíu a posta en funcionamento de dúas estufas de pellets e cheminea de aceiro inoxidable de dobre parede no local social de Trasmonte e unha estufa de pellets, por auga e cheminea de aceiro inoxidable de dobre parede, no local social de Biduído.

En relación á adxudicación do subministro de gasóleo “C” para calefacción, o prezo deste contará cunha porcentaxe de desconto do 4,5 sobre os prezos medios para España publicados no boletín petroleiro da Comisión Europea para os diferentes tipos de combustibles con todas as taxas e impostos incluídos, de venda ao público, así como no resto das condicións establecidas no prego e na oferta presentada. A duración inicial do contrato será de dous anos, prorrogable a un ano máis un por mutuo acordo das partes.

Sinatura contrato subministro de gasoil c

Multimedia

  • Sinatura contrato subministro pellets