Solapas principales

O Concello de Ames organiza charlas informativas sobre a obriga de corta de arborado e desbroces que establece a lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

Sábado, 12 de mayo de 2018

[12-05-2018] O Concello de Ames organizou unhas charlas informativas sobre a obriga de corta de arborado e traballos de desbroce que establece a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada segundo a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia, e a última reforma de xaneiro de 2018 que afecta ás distancias que marca a lei 9/2017 de medidas fiscais e administrativas. A primeira charla impartirase o 15 de maio, nas instalacións da Aula da Natureza, situadas na parroquia da Ameixenda, mentres que a segunda charla será o mércores, 16 de maio, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ambas realizaranse ás 20:00 horas.


A través desta charlas tratarase de aclarar as diferentes dúbidas que ten a veciñanza de Ames despois da modificación da Lei 3/2007 que implicou o incremento do número de metros de xestión de biomasa actuando entón en terreos forestais e urbanos de 30 a 50 metros de distancia ao ámbito urbano ou a vivenda respectivamente. Isto afecta ás distancias que hai ter en conta para manter limpas as faixas de seguridade, que van dende as plantacións de árbores ata as vivendas unifamiliares, núcleos urbanos, estradas, liñas eléctricas, etc.

O obxectivo é informar á veciñanza de dita modificación da lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia xa que moitos/as veciños/as non teñen coñecemento en profundidade do que implica a modificación de dita lei. A primeira charla impartirase o 15 de maio, nas instalacións da Aula da Natureza, situadas na parroquia da Ameixenda, mentres que a segunda charla será o mércores, 16 de maio, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ambas realizaranse ás 20:00 horas. Estas charlas serán impartidas por unha/a técnico/a do Distrito Forestal número 3, que é onde se enmarca o Concello de Ames.

Esta é unha medida máis das que está poñendo en marcha o Concello de Ames dentro do Plan municipal de prevención de incendios forestais posto en marcha no ano 2016 co obxectivo de realizar traballos de plantación de árbores frondosas caducifolias (castiñeiros, baleiras, cerdeiras, carballos, noceiras, freixos e bidueiros) na rede de faixas de seguridade.

Ata o de agora as actuacións centráronse na parroquia de Piñeiro, nas parcelas incluídas no ámbito 18 e 27, situadas nos lugares de Balindo, Fernande e Vilaverde, finalizando a totalidade dos traballos previstos en Piñeiro, e na contorna da urbanización de Aldea Nova, un dos ámbitos prioritarios ao ser catalogado de alto risco. Este ámbito forestal divídese en dous: o 4A que inclúe a urbanización e o 4B que comprende edificacións illadas.