Solapas principales

>Presentación da obra “Irmandiñas”

Miércoles, 10 marzo, 2021
Ás 20.00 horas.

O mércores 10 de marzo ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, levarase a cabo a presentación da obra “Irmandiñas”, de Aurora Marco.  O libro, publicado pola editorial Laiovento, trata do papel das mulleres nas Irmandades da Fala. A autora realiza un estudo do, até o momento, oculto papel das mulleres na creación deste movemento que contribuiu a recuperar a lingua, a cultura e a identidade galega a comezos do século XX.

A autora estará acompañada polo editor Prudencio Viveiro Mogo e a concelleira de Cultura Natividade González.

A presentación irá acompañada pola actuación musical do grupo Barahúnda, con guitarra e voz, formado por Helena Alfonso Jaime  e José Luis Lara Gruñeiro, grupo de orixe madrileña afincados en Rianxo, cunha proposta de música de autor con influencias desde a música medieval ao folk. Xa teñen colaborado coa autora noutras presentacións intercalando música entre as palabras da autora.