Solapas principales

>Monólogos: Marita Martínez e Carla Mañas

Viernes, 22 mayo, 2026
Ás 21.00 horas

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, presenta a terceira edición do ciclo de monólogos, que se celebrarán entre o 21 e o 24 de maio nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro. Monologuistas como Leti da Taberna, Josito Porto ou Celso Fernández Sanmartín participarán nunhas xornadas nas que haberá interpretación en lingua de signos.

Durante estas xornadas, participarán un total de oito monologuistas repartidos en catro días: os espectáculos serán sempre dobres. O venres 22, chegarán Marita Martínez e Carla Mañas. Desta vez, o dúo cómico actuará na Casa da Cultura do Milladoiro, tamén ás 21.00 horas. A primeira é coñecida pola súa dilatada experiencia tanto no teatro como na televisión, sendo recoñecida por “Os Atlánticos” ou “Pulp Air”, e representará en Ames, as memorias da súa avoa. Pola súa banda, Carla Mañas é unha humorista ascendente que xa conta con certa experiencia dentro e fóra de Galicia, onde triunfou co seu espectáculo “Súper Freak”.