Solapas principales

>Festa da Primavera

Sábado, 24 mayo, 2025
A partir das 17.00 horas

O CEIP de Barouta, a Comisión de Familias de 6º de Educación Primaria e a AFA Barouta, organizan para o sábado, 24 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto a todo o público interesado, unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá charlas, xogos populares, obradoiros, inchables un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de Primaria.

A comunidade educativa do CEIP de Barouta promove unha Festa da Primavera, que terá lugar o sábado 25 de maio na praia fluvial de Tapia. O evento comezará ás 17:00 horas e haberá charlas, xogos populares, obradoiros, inchables un concerto e unha tómbola.

No medio da xornada @s Galoch@s ofrecerán un concerto e como remate terá lugar a Grande Tómbola con máis dun cento de premios grazas ás colaboracións de comerciantes de Ames.

A festa está organizada pola Comisión de Familias de 6º de Educación Primaria, o CEIP de Barouta e a AFA do Centro en colaboración co Concello de Ames.