Solapas principales

> Danza: "Bailar agora"

Viernes, 22 abril, 2022
ás 20:30 horas

A danza será a protagonista no mes de abril da programación cultural de Ames, con dous espectáculos na Casa da Cultura do Milladoiro. A segunda proposta deste xénero será o venres 22 de abril ás 20:30 horas, con “Bailar agora”, un espectáculo de danza contemporánea da compañía Marta Alonso Tejada Traspediante. “Bailar agora” é un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o aquí e o agora do que facemos e de como vivimos. As entradas poden adquirirse xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

"Bailar agora" é unha especie de imperativo cara a unha posición no presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e sobre como estamos a vivir o aquí e o agora. A proposta é clara: bailando.

"Bailar agora" pon en contacto á bailarina e creadora Marta Alonso Tejada coa bailarina e directora internacional Victoria P. Miranda.