Martes, 20 septiembre, 2022
- Tipo
- Tematica
A programación da Semana Europea da Mobilidade pecharase o martes 20, con dúas charlas para as persoas maiores cos coordinadores provinciais de educación viaria da Coruña, baixo o lema “Sabelo é empezar a evitalo”.
Nestas charlas a cidadanía poderá consultar dúbidas e inquedanzas sobre a mobilidade no concello e a seguridade viaria, en especial no eido dos atropelos en vías interurbanas, o foco principal das recentes campañas de concienciación da Dirección Xeral de Tráfico.
As charlas terán lugar ás 17:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e ás 19:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.