Solapas principales

> Abril de cine: "Pringadas"

Sábado, 15 abril, 2023
Ás 20:00 horas

A Concellería de Cultura pon un ano máis en marcha a iniciativa "Abril de Cine", que ten como obxectivo achegar o cinema galego á veciñanza amesá. A terceira das pezas audiovisuais que se proxectará no marco deste programa será a webserie "Pringadas". A sesión terá lugar o sábado 15 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Os convites, que son de balde, xa se poden descargar a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

"Pringadas" é unha webserie creada coa finalidade de proporcionar contidos en galego para a xeración Z. Na peza, Xoana, Antía e Catu, tres universitarias, amigas e compañeiras de piso, exploran temas como o amor, a rotura coas amizades ou as enfermidades de transmisión sexual.