Avisos

Por ejemplo, 14-06-2025
Por ejemplo, 14-06-2025
Viernes, 20 septiembre, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 20 septiembre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 17 septiembre, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa do resultado do sorteo das prazas das Escolas deportivas municipais para o curso 2024-2025. As persoas que realizaron a inscrición dispoñen dun número de rexistro xerado no momento da preinscrición, que é o número co que se identifica á persoa inscrita na listaxe xerada polo resultado do sorteo. As clases comezarán o martes 1 de outubro de 2024 e rematarán o 14 de xuño de 2025. Unha vez publicada a listaxe de admitidos, as persoas que obtiveran praza deben solicitar a folla de autoliquidación nas oficinas de Recadación.
Lunes, 16 septiembre, 2024
Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos desde hoxe e ata o día 30 de setembro enviando o impreso de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal. Aceptaranse proxectos presentados por entidades, asociacións ou persoas non empadroadas no concello, sempre que as súas propostas resulten de interese para o municipio amesán ou estean protagonizadas por persoas residentes, nadas ou que traballen en Ames. Cada proxecto deberá ser presentado por unha persoa coordinadora que deberá ter un mínimo de 18 anos de idade. Pódense consultar todos os detalles nas bases que regulan a Radio Cidadá, que están ao pé deste aviso.
Lunes, 16 septiembre, 2024
A biblioteca de Bertamiráns acolle o sábado, 5 de outubro, ás 11:30 horas, un “Obradoiro de cómic”, da man de Santy Gutiérrez. Esta actividade estaba prevista para o sábado, 28 de setembro, pero por motivos alleos ao Concello de Ames houbo que adiala ao sábado 5 de outubro.
Lunes, 16 septiembre, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa de que esta semana a Escola Municipal de Teatro abre as súas portas para dar a benvida a un novo curso. Este ano, as clases darán comezo o martes, 17 de setembro, en Bertamiráns; e o mércores, 18 de setembro, no Milladoiro.
Viernes, 13 septiembre, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 13 septiembre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 13 septiembre, 2024
A Escola Municipal de Música de Ames mantén abertas as inscricións para a materia de música e movemento de cara ao curso 2024-2025. Ao ser un prazo extraordinario, estas prazas cubriranse por orde de entrada en rexistro, da solicitude correspondente. As persoas que estean interesadas en participar na materia de música e movemento poderán anotarse cubrindo o impreso de inscrición e enviándoo a través da Sede electrónica do Concello ou entregándoa nos rexistros municipais.
Martes, 10 septiembre, 2024
O luns, 9 de setembro, abriu o prazo de preinscrición na nova programación das Escolas deportivas do Concello de Ames para o curso 2024-2025. O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 15 de setembro. A xestión realizarase telematicamente a través da páxina web de Cronos. Neste prazo de inscrición, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e non se permitirá a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. Non se poderán facer inscricións de xeito presencial. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o 16 de setembro. Non se conceden as prazas por orde de inscrición. A listaxe de admitidos publicarase o 17 de setembro na páxina web do Concello de Ames.