Avisos
Viernes, 18 octubre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 17 octubre, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o 25 de outubro no lugar de Punxeiras, no parroquia de Ortoño, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
Jueves, 17 octubre, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante o 25 de outubro na avenida da Maía, en Bertamiráns, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
Lunes, 14 octubre, 2024
Con motivo da celebración da XXIII Carreira pedestre popular Concello de Ames, que se vai celebrar este domingo, 20 de outubro de 2024, haberá cortes e prohibicións de estacionamento nos arredores da Casa do Concello en Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).
Lunes, 14 octubre, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, vén de publicar o mapa de servizos da XXIII edición da Carreira Pedestre do Concello de Ames. Nel están recollidos os puntos de avituallamento, recollida de dorsais, roupeiro, fisioterapeutas, vestiario e duchas, e entrega de premios. Ademais, indícanse posibles lugares de estacionamento. O mapa pode consultarse no documento ao pé deste aviso.
Viernes, 11 octubre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 11 octubre, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 10 octubre, 2024
O Concello de Ames informa da convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación por conta allea para a inserción laboral para persoas participantes no obradoiro dual de emprego Renova VI. As solicitudes deberán presentarse do 11 ao 30 de outubro de 2024.
Miércoles, 9 octubre, 2024
O Concello de Ames informa de que debido ao desbordamento do rego da Andoriña, afluente do río Tambre, na contorna da área fluvial de Tapia, está cortada a estrada que vai dende Tapia ata Piñeiro. Recoméndase extremar as precaucións e non empregar dita estrada. Ademais, hai que ter precaución na contorna da Ponte Maceira e da área fluvial de Tapia debido ao incremento de caudal do río Tambre.
Martes, 8 octubre, 2024
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) ten preparada a nova programación que se vai impartir nos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Dentro da programación que se vai impartir inclúese o segundo módulo do curso de alfabetización dixital, que se impartirá nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Ademais, impartiranse 4 cursos máis de xeito presencial. Aínda estás a tempo de inscribirte nestas actividades.
- ‹ anterior
- 16 de 136
- siguiente ›