Avisos

Por ejemplo, 20-06-2025
Por ejemplo, 20-06-2025
Jueves, 5 diciembre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Miércoles, 4 diciembre, 2024
O Concello de Ames vese na obriga de cancelar a obra de teatro A Visita, do Grupo Municipal de Teatro, que ía ter lugar o domingo 8 de decembro no Local social de Bugallido dentro da Mostra de Teatro Afeccionado de Ames, por motivos de saúde dunha das compoñentes do grupo. Lamentamos as posibles molestias.
Miércoles, 4 diciembre, 2024
Un ano máis Ames é un dos concellos participantes na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña entre o 10 de xaneiro e o 17 de febreiro de 2025. O programa está dirixido a rapaces e rapazas que teñen entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2024. Ao Concello de Ames correspóndenlle 15 prazas na sexta quenda que será do 14 ao 17 de febreiro de 2025. Ademais, dos cursos de esquí, os participantes poderán realizar actividades complementarias ou alternativas no caso de que non se poida esquiar.
Martes, 3 diciembre, 2024
O Concello de Ames abre un período para comunicar en Gabinete de Alcaldía as matrículas dos vehículos que entran e saen dos garaxes da rúa Ameneiral, en Bertamiráns. Hai que ter en conta que a rúa Ameneiral é peonil, polo que só está permitido o paso aos vehículos autorizados ou aos que accedan aos garaxes. Debido á colocación de cámaras de tráfico en dita rúa, é necesario facilitar as matrículas dos vehículos que necesitan acceder aos garaxes da rúa Ameneiral.
Viernes, 29 noviembre, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 29 noviembre, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 28 noviembre, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de crianzas admitidas e excluídas do programa de conciliación Nadal Lúdico 2024 para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín, e o CEIP A Maía. Poderanse facer subsanacións ata o día 13 de decembro.
Martes, 26 noviembre, 2024
O Concello de Ames informa do anuncio que se publicou hoxe, 26 de novembro, no DOG sobre o nomeamento como persoal funcionario de carreira tras a convocatoria do proceso selectivo acceso por oposición libre nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría policía derivada da OPE 2022.
Martes, 26 noviembre, 2024
Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.
Domingo, 24 noviembre, 2024
O Concello de Ames informa que, debido ás condicións meteorolóxicas adversas, as actividades deportivas ao exterior quedan suspendidas durante toda a xornada deste domingo, 24 de novembro. Ante calquera incidencia provocada por esta serie de fenómenos meteorolóxicos adversos pode informar chamando á Policía Local de Ames ou á Agrupación de Protección Civil nos teléfonos 619 767 575 ou 673 178 888.