Axenda

Ex., 17-06-2026
Mércores, 17 de xuño de 2026

O Concello de Ames, a través do departamento municipal de Informática, organiza para o mércores 17 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00 horas, unha xornada sobre ciberseguridade, que imparte o persoal de AMTEGA. Trátase dun obradoiro gratuíto que se vai impartir de forma presencial na Casa da Cultura do Milladoiro.

Mércores, 17 de xuño de 2026

A Escola Municipal de Música de Ames celebra este mércores, 17 de xuño, o concerto de fin de curso, unha cita na que o alumnado interpretará diferentes pezas musicais para poñer así peche final a este ano escolar. O recital terá lugar a partir das 19.30 horas na pista de fútbol sala do Milladoiro, que está situada ao carón da Casa da Cultura. Está previsto que neste concerto actúen arredor de 100 alumnos/as xunto ao profesorado da EMMA.