- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento municipal de Informática, organiza para o mércores 17 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00 horas, unha xornada sobre ciberseguridade, que imparte o persoal de AMTEGA. Trátase dun obradoiro gratuíto que se vai impartir de forma presencial na Casa da Cultura do Milladoiro.
O obradoiro presencial “Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtro” está impartido por persoal de AMTEGA. Para asistir é necesario inscribirse previamente a través deste formulario.
A través do obradoiro “Pantallas abertas: ciberseguridade sen filtro”, as persoas participantes verán un documental e realizarase unha sesión formativa na que se afondará sobre estes aspectos:
-Que hai detrás das redes sociais?
-Que riscos supón compartir datos persoais?
-Que impacto ten a desinformación nas nosas decisións?
-Como acompañar aos fillos e fillas no seu uso responsable?
Que aprenderemos?
-Como funcionan as redes sociais e que hai detrás do contido que vemos cada día.
-Como identificar riscos dixitais como a desinformación, a manipulación ou a perda de privacidade.
-Claves prácticas para un uso máis seguro, crítico e consciente da tecnoloxía.
A quen está dirixido?
Esta actividade está pensada para todas as persoas interesadas en comprender mellor o impacto das redes sociais e da tecnoloxía na vida diaria.





