Pestanas principais

Solicitude de licenza de movementos de terra e muros de contención

Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo: 
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):

A Solicitude de Licenza de Movementos de Terra e Muros de Contención deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • Os muros de contención de terras.
  • Os grandes movementos de terras e as explanacións.

(Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:
  • Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de movementos de terra e muros de contención.
COMO E ONDE FACER O PROCESO:
  • Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" de a sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
DOCUMENTACIÓN:
  • Solicitude de licenza de movementos de terra e muros de contención.
  • Proxecto Técnico (Básico e/ou de Execución), visado polo correspondente Colexio Profesional.
  • Documentación acreditativa da titularidade do inmoble ou terreo (no seu caso).
  • Orzamento desagregado das actuacións a realizar, con indicación dos materiais a utilizar, custo dos mesmos, e custo da man de obra.
  • Proxecto sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso aos Servizos de Telecomunicacións (cando a normativa sectorial así o esixa).
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
MÁIS INFORMACIÓN:
  • Nome: Solicitud de Licenza de Movementos de Terra e Muros de Contención.
  • Unidade tramitadora: Urbanismo.
  • Inicio do procedemento: A instancia de parte.
  • Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
  • Órgano de resolución: Alcaldía ou Xunta de Goberno Local.
  • Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
  • Prazo de execución: 3 meses.
  • Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
  • Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.