Pestanas principais

Solicitude de axudas para o transporte metropolitano social do concello de Ames

Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

  • Promover e facilitar a mobilidade e o desprazamento e a intercomunicación a través dos medios de transporte públicos

QUEN PODE FACELO:

  • Poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas maiores de 65 anos, persoas en situación de desemprego, persoas discapacitadas e persoas en situación de risco social, sempre e cando cumpran cos seguintes requisitos:
  • Requisitos xerais:
    • Ter fixada a residencia habitual no Concello de Ames no momento da solicitude, e acreditar unha antigüidade mínima de 12 meses de empadroamento en calquera concello da Área Metropolitana de Santiago (Santiago de Compostela, Teo, Brión, O Pino, Boqueixón, Val do Dubra, Touro, Trazo, Oroso e Vedra, ... . ).
  • Requisitos específicos de cada colectivo:
    • Persoas maiores de 65 anos:
      • Que non exerzan actividade laboral.
      • Que os ingresos individuais sexan iguais ou inferiores a 1.5 veces o IPREM.
    • Persoas en situación de desemprego:
      • Atoparse inscrito/a como demandante de emprego de xeito ininterrompido durante, como mínimo, os 12 meses anteriores á data da solicitude.
      • Ter realizado unha actividade laboral durante un tempo mínimo de 12 meses nos derradeiros 5 anos anteriores á data da solicitude.
      • Carecer de recursos propios no momento da solicitude.
      • Participar activamente en itinerarios de inserción laboral.
    • Persoas con discapacidade:
      • Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO) da Xunta de Galicia, ou por organismo análogo doutra comunidade autónoma.
      • Que os ingresos individuais sexan iguais ou inferiores a 1.5 veces o IPREM.
    • Persoas en situación de risco social:
      • As persoas en situación de risco social que por razóns de emerxencia social ou de precariedade persoal puideran precisar desta axuda, deberán presentar un informe social emitido polo persoal técnico municipal dos servizos sociais noque quede acreditada tal circunstancia.
      • Esta vía de acceso ás axudas do transporte colectivo só se concederán con carácter extraordinario e quedaránsupeditadas a que a situación valorada como emerxencia sexa susceptible de ser mellorada ou solucionada coa concesióndesta axuda.

Para determinar os ingresos a partir dos que proceda o recoñecemento destas axudas teranse en conta os ingresos individuais da persoa solicitante do ano natural inmediatamente anterior ao da formulación da solicitude, excepto no colectivo de persoas en situación de desemprego, no que se terá en conta a carencia de recursos no ano en curso, e nos casos de
emerxencia social, que se estará ao disposto polos servizos sociais.

COMO SE FAI:

  • Presentar o modelo de instancia normalizado para este trámite debidamente cuberto, así como a documentación requirida para a súa valoración.

CANDO:

  • O prazo para presentar as solicitudes está aberto durante todo o ano.

ONDE:

  • No rexistro electrónico do Concello así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2,1 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Nos rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns, no rexistro da oficina municipal do Milladoiro ou en calquera dos lugares erexistros establecidos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro,, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

DOCUMENTACIÓN:

  • Documentación xeral para os catro colectivos
    • Copia cotexada do DNI./ NIE .
    • Certificado de empadroamento no que quede debidamente xustificado o tempo de residencia requirido, tanto doconcello no que resida como dos concellos da Area de Transporte Metropolitano de Santiago, de ser o caso.
    • Copia da Tarxeta Social Metropolitana, que a persoa solicitante deberá adquirir ás súas expensas nos lugareshabilitados para elo. Naqueles casos nos que a persoa solicitante acceda por razóns de emerxencia social, os servizossociais municipais poderán facilitar a Tarxeta Social Metropolitana sempre e cando quede debidamente acreditada estanecesidade no informe social.
    • Copia do contrato da tarxeta de transporte para a que se solicita a bonificación.
  • Documentación específica segundo o colectivo
    • Persoas maiores de 65 anos
      • Certificado da Seguridade Social ou da Xunta de Galicia, indicando se a persoa solicitante é perceptora dunha pensión e, de ser así, que conste o seu importe
      • Copia da declaración do IRPF do último exercicio fiscal. No caso de non estar na obriga de presentala, certificaciónnegativa da Axencia Estatal de Administración Tributaria. A persoa solicitante poderá autorizar ao Concello de Ames aacceder aos datos do imposto sobre a renda das persoas físicas, o que lle eximirá de presentar este documento.
  • Persoas en situación de desemprego:
    • Informe de vida laboral actualizado.
    • Certificación que acredite estar participando activamente en itinerarios de inserción laboral.
    • Certificación de estar inscrito/a como demandante de emprego, indicando o período de inscrición no SPE.
    • Certificación do Servizo Público de Emprego que acredite se a persoa solicitante é perceptora ou non dunha prestación ou subsidio, indicando no seu caso o importe.
    • Certificado da Seguridade Social ou da Xunta de Galicia indicando se a persoa solicitante é perceptora dunha pensión e, de ser así, que conste o seu importe.
  • Persoas con discapacidade:
    • Certificado expedido polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO) da Xunta de Galicia ou organismo análogo doutra comunidade autónoma, que acredite unha discapacidade igual ou superior ao 65%
    • Certificado da Seguridade Social ou da Xunta de Galicia indicando se a persoa solicitante é perceptora dunha pensióne, de ser así, que conste o seu importe.
    • Copia da declaración do IRPF do último ano. No caso de non estar na obriga de presentala, certificación negativa da Axencia Estatal de Administración Tributaria. A persoa solicitante poderá autorizar ao Concello de Ames a acceder aos datos do imposto sobre a renda das persoas físicas, o que lle eximirá de presentar este documento.
    • Follas de salario, de ser o caso.
  • Persoas en situación de risco social:
  • Informe social que acredite as razóns de emerxencia social ou de precariedade persoal. A tal efecto, os servizossociais municipais requirirán a documentación xustificativa necesaria para a elaboración do informe social documentadoque xustifique a valoración da súa concesión ou denegación.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

PREZO:

  • De balde.

DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:

CONCELLARÍA RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE: