Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo:
Pechado
PARA QUE (FINALIDADE):
- Permitir coñecer o número de entidades asociativas existentes no municipio, fins, representatividade, ao efecto de posibilitar o fomento de asociacionismo e da participación nos asuntos municipais.
QUEN PODE FACELO:
- Todas aquelas asociacións de interese social sen ánimo de lucro, cuxo obxecto sexa: a defensa, fomento ou mellora dos intereses xerais ou sectoriais (de ámbito municipal) que teñan a súa sede en Ames e exerzan a súa actividade no ámbito xeográfico do Concello, nos termos previstos na Lei orgánica 1/2002 de 2 de marzo, reguladora do dereito a asociación.
COMO SE FAI:
- As inscricións realizaranse polas asociacións interesadas, a través do seu representante/es.
- Finalidade da Asociación
- Data da constitución
- Estatutos da Asociación (orixinal e copia para o seu cotexo)
- Número de inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións e noutros rexistros públicos (orixinal e copia para o seu cotexo), de ser o caso.
- Orzamento do ano en curso e programa de actividades para o mesmo
- Certificación orixinal do número de socios.
- Código de identificación fiscal CIF.
CANDO:
- No prazo de tres meses desde a solicitude de inscrición
ONDE:
- Sede Electrónica
- Presencialmente: No Rexistro municipal
DOCUMENTACIÓN:
- ANEXO 1: Modelo de certificación de actividades.
- ANEXO 2: Impreso de solicitude de inscrición
- ANEXO 3: Normas para realizar a inscrición
PREZO:
- De balde
DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:
CONCELLARÍA RESPONSABLE:
NORMATIVA APLICABLE:
- Regulamento do Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Ames.
- Lei orgánica 1/2002 de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e no Decreto 276/1997, de 25 de setembro , no Rexistro Xeral de Asociacións e no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma.